DINAMIZACIÓN
A ABE consolida un modelo de dinamización comercial de éxito en Boiro
A patronal valora "moi positivamente" a campaña de Nadal

Sorteo de Nadal promovido por ABE en el marco de la campaña de dinamizaciónl / SOUTO
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fai unha valoración moi positiva da campaña de Nadal desenvolvida en Boiro, unha iniciativa global de dinamización comercial que combinou accións de lecer familiar, actividades abertas á cidadanía e un sistema de incentivos ás compras no comercio local, dando continuidade a un modelo xa aplicado con éxito na campaña de verán, recoñecida e premiada pola Xunta de Galicia.
Como principal novidade desta edición, a ABE impulsou o Parque Infantil de Nadal, que se converteu nun dos grandes atractivos das festas e nun importante espazo de encontro para as familias.

Asistentes ao sorteo celebrado no polideportivo da Cachada. / SOUTO
Ao longo das xornadas, o parque acolleu miles de persoas participantes, e pechou cun balance moi significativo: 500 chocolates con biscoito, 1.894 bolsas de palomitas, 3.726 accesos aos inchables e talleres creativos cun 100 % de ocupación. Estes talleres, de carácter interxeracional, foron impartidos por Agadea, Cruz Vermella Boiro e Amicos, reforzando o compoñente social e inclusivo da campaña.
Dentro da programación de Nadal, un dos momentos máis agardados foi a visita de Papá Noel. Nesa xornada, 500 nenos e nenas recibiron conos de gominolas e máis de 600 crianzas participaron na gran recepción, sacando fotografías e gozando dunha experiencia moi especial para as familias.
Participación comercial
Máis alá das actividades de lecer, desde a ABE sublíñase especialmente o éxito do modelo de participación comercial, baseado no canxe de tickets de compra dos negocios asociados.
Este sistema, xa testado con excelentes resultados no verán, volveu demostrar a súa eficacia durante o Nadal. O sorteo presencial de 3.000 euros en vales de compra acadou cifras récord, con 10.488 rifas canxeadas, superando mesmo os datos da campaña de verán Boiro, compras con corazón. Ademais, durante o canxe repartíronse 300 calendarios e 400 bolsas da edición especial de Nadal da ABE.
A campaña incluíu tamén o sorteo vinculado ás cartas aos Reis Magos, cunha altísima participación. O Buzón Real recibiu centos de cartas, e o polideportivo da Cachada presentou un cheo absoluto durante os sorteos, nun ambiente de gran expectación e apoio ao comercio local.
Desde a Asociación Boirense de Empresas destacan que "a valoración global da campaña non pode ser máis positiva, tanto polos datos de participación como pola resposta da veciñanza".
- Chisco Lema, veterinario experto en lobo: 'Hay manadas especializadas en cazar perros
- Apagón en Santiago: una avería deja sin luz a 2.700 vecinos de Santiago
- Accidente múltiple en la AP-9 a la altura de San Lázaro: uno de los heridos, hospitalizado en la UCI
- Batería de accidentes con heridos por el granizo: tres en la autovía de Brión y dos en Padrón
- Un vuelo de Ryanair entre Valencia y Santiago acaba desviado a Madrid por el mal tiempo
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: 'Se pasa a indefinida haberá días que haxa nenos que non poidan ir a clase”
- Evitas el estrés del aparcamiento': el proyecto de dos vecinos de Milladoiro para compartir coche en los trayectos a Santiago
- Borrasca 'Ingrid': ¿Nevará en Santiago de Compostela este viernes?