DENUNCIA
Os vándalos destrozan mobiliario no paseo de Tanxil en Rianxo
A Policía Local abriu unha investigación e o alcalde apela ao civismo

Un dos paneis informativos apareceu tirado no paseo marítimo. / C. Rianxo
O Concello de Rianxo denuncia e condena os actos vandálicos rexistrados na zona verde do entorno da praia de Tanxil a pasada madrugada.
Os autores arrincaron papeleiras, paneis informativos e destrozaron pechaduras, entre outros estragos. A Policía Local xa está a investigar os feitos.

Unha das papeleiras arrincadas na zona verde da praia de Tanxil. / C. Rianxo
O alcalde, Julián Bustelo denunciou o estrago do mobiliario urbano da zona, que fora colocado recentemente. Ademais, fai un chamamento ao civismo.
"O custo do vandalismo pagámolo entre todos e se xa resulta difícil atender as necesidades de mantemento dos diferentes espazos, máis difícil se fai cando algunhas persoas se dedican a destruír o que é de todas as rianxeiras e os rianxeiros", afirmou o rexedor.
- Luto en la TVG y la Radio Galega por la muerte de la periodista Mabel Montes
- Una ciudad gallega, finalista a mejor Destino Nacional en los Premios Condé Nast Traveler
- Vecinos y oposición detectan fallos al humanizar Milladoiro y exigen multas por estacionar mal
- Santiago se blinda ante el desalojo del edificio okupa de la Algalia de Arriba
- Otra huelga de buses sin servicios mínimos: crónica del paro desde puntos clave de Santiago
- El lobo mata tres perros en el rural de Santiago: 'La gente no quiere salir al monte
- El precio de la plata en niveles récord pone a prueba la orfebrería tradicional compostelana
- En marcha 244 viviendas y una residencia en Salgueiriños: listas en el horizonte de 2030