SERVIZOS
Dous días traballando para reparar avarías na rede de auga de Noia
O Concello pide "desculpas" e agradece "a comprensión da veciñanza"

Sete operarios e diversa maquinaria traballan na reparación das avarías. / C. Noia
O Concello de Noia informa de que segue cortado o subministro de auga no tramo comprendido dende Baltar ata o Xulgado, afectando ás zonas da rúas Comercio, Cantón e Praza da Constitución.
Os sucesivos cortes "débense ao mal estado das tubaxes, que provocaron onte unha primeira rotura. No transcurso dos traballos de reparación foron aparecendo novas roturas en cadea, xa que as conducións se atopan moi deterioradas e son especialmente susceptibles de romper", afirman dende o Concello.
Os operarios do servizo de augas levan traballando de maneira ininterrompida dende as 08.00 horas do sábado ata as 2.00 da madrugada, retomando novamente os traballos esta mañá ás 8.00 horas.
Catro grandes avarías
O sábado rexistraron "catro grandes avarías". Dende o Concello agradecen "enormemente" o traballo e o esforzo que están a facer os operarios para restituír o servizo canto antes.
Están a traballar agora na porta de Luma, onde se localiza o punto actual de reparación. "Agardamos que non continúe a reacción en cadea", subliñan.
O concelleiro de Servizos, Abel Pan, trasladouse onte á zona e permanece dende entón supervisando e colaborando cos operarios, co obxectivo de resolver a situación no menor tempo posible.
Desde o Concello piden "desculpas polas molestias" ocasionadas e agradecen a "comprensión da veciñanza", á que manterán informada de calquera novidade. Para poder seguir toda a información dende o teléfono, as persoas interesadas poden unirse á comunidade de Whatsapp do Concello de Noia premendo no enlace: https://chat.whatsapp.com/DcW1IV7sipz8EVQnxkwCaS
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago