ACTO
Historia, deporte e solidariedade en Ribeira coa asociación Ágape
A alcaldesa entregou os 543 € recadados na Milla Heroínas de Sálvora

Álex Vidal e María Sampedro entregando o cheque a Ana Ruth Arnoso. / C. Ribeira
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregaron os 543 euros recadados na VII Milla Solidaria Heroínas de Sálvora á Asociación Galega para o Acompañamento Persoal e Educativo (Ágape), representada pola súa presidenta, Ana Ruth Arnoso.
A contía é o resultado das 200 persoas que participaron nesta cita que se celebra cada ano a principios do mes de xaneiro con motivo do afundimento do vapor-correo Santa Isabel na costa de Sálvora na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, onde catro mulleres da illa tiveron un papel transcendental no rescate dos náufragos.
"Toda axuda é importante para o labor diario e vital que realiza o noso tecido asociativo. E aquí tamén se demostrou a solidariedade do pobo participando nunha cita que, nesta ocasión, recadou fondos a favor de Ágape. É loable este xesto por parte da cidadanía, así como o traballo de Abrahan Benítez, promotor do evento", afirmou a rexedora.
Os fondos contribuirán a mellorar os servizos que ofrece Ágape ás persoas que forman parte desta entidade e, en consecuencia, redundará positivamente no conxunto da cidadanía.
- La nieve y el frío intenso regresan a Galicia: una masa de aire polar llega para desplomar las temperaturas
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- El bar de Santiago que gasta 2.700 huevos al día para hacer la tortilla de la que todo el mundo habla
- Un nuevo robo de oro en Trazo amplía la ola de asaltos de la Banda del Volvo
- López Couso lanza su candidatura a rectora: «Queremos unha USC que coide das persoas que a fan posible día a día»
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se pone en obras: cuenta atrás para un cierre total que agudizará la crisis del aeropuerto de Santiago