INICIATIVA
A Asociación Boirense de Empresas intégrase no programa Xuventude Mentoring
Reforza así a aposta polo emprendemento e o emprego xuvenil

Un momento da Feira do Emprego celebrada en Boiro. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) vén de integrarse como entidade colaboradora no programa Xuventude Mentoring, impulsado pola Xunta de Galicia, reforzando así a súa aposta decidida polo fomento do emprego xuvenil e polo apoio ao talento novo, en coherencia coas accións que a entidade desenvolve de maneira continuada no ámbito do emprendemento.
Esta adhesión enmárcase na estratexia da ABE de favorecer a conexión entre a mocidade e o tecido empresarial, facilitando ferramentas reais para a inserción laboral e o desenvolvemento de proxectos emprendedores.
O programa Xuventude Mentoring está promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, en colaboración co Cixug e coas universidades galegas, e conta co cofinanciamento do Fondo Social Europeo.
Apoio a persoas mozas
O xerente da ABE, Tomás Estévez, destacou que "a integración neste programa é un paso máis no traballo que levamos anos facendo para apoiar ás persoas mozas que queren incorporarse ao mercado laboral ou poñer en marcha o seu propio proxecto".
Neste sentido, sinalou que “dende a ABE estamos traballando en accións concretas, como a organización da mesa redonda sobre emprego e emprendemento na Feira de Emprego de Boiro, os asesoramentos individualizados a persoas emprendedoras ou a colaboración con distintos programas e entidades vencelladas á creación de empresas”.
Estévez subliñou tamén que “Xuventude Mentoring encaixa perfectamente coa nosa maneira de entender o apoio ao emprego xuvenil: acompañamento, contacto directo coas empresas e coñecemento real do mundo laboral”, engadindo que “é fundamental crear pontes entre o talento mozo e o empresariado, especialmente no ámbito local”.
Actividades formativas
A través desta colaboración, a ABE participará na promoción e difusión do programa, na organización e participación en actividades formativas e de networking, na realización de visitas a empresas e na posta a disposición de espazos para o desenvolvemento das distintas accións, contribuíndo activamente á mellora da empregabilidade das persoas participantes.
Dende a entidade destacan que esta integración supón un reforzo do seu compromiso co desenvolvemento económico e social do territorio, apostando por un emprego de calidade, polo emprendemento xuvenil e polo relevo xeracional no tecido empresarial.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago