CENTENARIA
Música, praia e vida activa, claves nos 105 anos da ribeirense Dolores Rivera
Ten tres fillos, sete netos e dez bisnetos

A alcaldesa e o tenente de alcalde con Dolores Rivera. / C. R.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, felicitaron a unha das súas veciñas centenarias que, ademais, ostenta o título de ser a máis lonxeva do municipio: Dolores Rivera Soto, quen cumpre 105 anos. Nacida en Barbantes (Ourense), o 9 de xaneiro de 1921, trasladouse a vivir a Ribeira unha vez casou con Ernesto Valeiras, cuxa familia era propietaria dunha fábrica de conservas situada no Touro.
Os representantes municipais achegáronse ata a súa casa para compartir unha conversa con ela e facerlle entrega dun arranxo floral como agasallo institucional.
Nai de tres fillos, avoa de sete netos e bisavoa de dez bisnetos, unha das súas afeccións é desfrutar da súa familia, con quen aproveita para saír a pasear durante o verán polo Touro; un lugar polo que sinte predilección dende a súa chegada a Ribeira, non só por ser o espazo onde se asentaba o negocio familiar, senón tamén por ser a praia elixida para pasar a época estival.
Outro dos intereses desta veciña centenaria é a música. De feito, ten a carreira de piano. E, ata que a saúde llo permitiu, sempre levou un estilo de vida moi activo, e coida moito a alimentación.
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago
- La borrasca Marta llega a Galicia para golpearla con más nieve, viento y un mar embravecido
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La pensión alcanza, pero no sobra: «Un matrimonio de 70 años en Galicia no puede vivir con 900 euros al mes»