Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PLENO

Ribeira impulsa un programa de respiro para "coidar a quen coida"

O Concello destinará 153.627 € do POS a gasto social

Pleno extraordinario da Corporación de Ribeira.

Pleno extraordinario da Corporación de Ribeira. / Cedida

Ribeira

A Corporación municipal de Ribeira acordou, por unanimidade, destinar os 153.627,51 euros do POS+ Adicional 1/2026 da Deputación da Coruña a financiar parte dos gastos sociais extraordinarios previstos para 2026 que ascenden a 1.335.000 euros.

A estimación inclúe a ampliación e dotación económica para as axudas de emerxencia e necesidade social (25.000 €), a dotación destinada a cubrir a achega ao Servizo de Axuda no Fogar na modalidade dependencia (1,3 M€) e a creación ou ampliación dos servizos para o respiro e a conciliación familiar a unidades de convivencia que carezan de medios económicos suficientes para asegurar a cobertura destas necesidades (10.000 €).

A alcaldesa, María Sampedro, destacou que todos son «servizos indispensables» e subliñou a creación do programa respiro «para coidar a quen coida».

Tracking Pixel Contents