SERVIZOS
Restablecido o subministro de auga en Noia tras tres días arranxando tubaxes
Rexistrarónse ata cinco grandes avarías nunha rede que ten 60 anos

Operarios traballando na reparación de tubaxes no casco histórico de Noia. / C. N.
O Concello de Noia confirmou que o servizo de agua potable xa está restablecido en todo o casco histórico, despois de case tres días de traballo para solucionar sucesivas roturas nas tubaxes.
Para intentar evitar novas avarías, a presión da auga "será inicialmente baixa e irase incrementando de maneira progresiva ao longo da semana", indican.
Debido ao mal estado das tubaxes, "non podemos garantir que non volva producirse algunha incidencia nas vindeiras horas, pero o persoal municipal está atento e traballando de maneira continua", subliñan dende o Concello.
Lamentan as molestias ocasionada, "entendemos a frustración xerada e agradecemos aos veciños e comerciantes a súa comprensión, así como aos traballadores o seu esforzo e dedicación", engaden.
Os problemas comezaron o sábado, ás oito da mañá, na rúa Comercio do casco histórico e a longo da fin de semana sucedéronse as roturas de tubaxes da rede de abastecemento. Este luns, pola mañá, rexistrouse unha quinta gran avaría na referida rúa, segundo informou o alcalde, Francisco Pérez.
Unha parte das vivendas e negocios do casco histórico estiveron sen subministro dende as 16.00 horas do domingo, ante a falta de alternativas. Non obstante, algunhas das zonas afectadas "tiveron subministro, non continuo, pero si por momentos", subliñou Pérez.
A orixe desta cadea de avarías, segundo o rexedor, vén motivada por "unha instalación de 60 anos que está moi deteriorada, e que debería ter sido renovada por fases en anos anteriores pero non se fixo".
A primeira rotura rexistrouse ás 8.00 horas do sábado na rúa Comercio e, a partir de aí os problemas sucedéronse. "Ao estar tan deteriorada a rede e ao ter que pechar o subministro para arranxar as avarías, cando se restablecía o servizo a presión do aire acumulado provocou novas roturas, a pesares de que temos purgadores".
As avarías afectaron á zona do Cantón, o Malecón e a porta de Luma, ademais da rúa Comercio onde se produxo a primeira rotura, e tamén a rexistrada este luns.
O alcalde, Francisco Pérez, asegura que os servizos de mantemento "traballaron case sen descanso dende o sábado, e mesmo tivemos que organizar relevos de patrullas".
Plan de Infraestruturas
A solución definitiva ao problema, afirma o rexedor, "pasa por trazar un plan de renovación de infraestruturas e facer unha planificación para poder ir renovando progresivamente a rede de subministro, pero iso é algo que levará 3 ou 4 anos".
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros