Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

AXUDAS

Un millón para chiringuitos costeiros máis sostibles, eficientes e integrados na paisaxe

O presidente da Xunta entregou en Ribeira os premios do concurso de ideas

O presidente da Xunta, a conselleira e a alcaldesa cos galardoados no concurso de ideas.

O presidente da Xunta, a conselleira e a alcaldesa cos galardoados no concurso de ideas. / X. G.

Ribeira

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, anunciou en Ribeira que o Executivo galego destinará este ano un millón de euros a axudas para promover prácticas sostibles nos chiringuitos da costa galega favorecendo ao mesmo tempo a transición cara uns establecementos máis eficientes, accesibles e integrados na paisaxe.

«Con respecto, con agarimo, con tradición, tamén con modernidade, hai que seguir vivindo do e no litoral», asegurou durante a entrega de premios e a presentación dos proxectos galardoados no concurso de ideas convocado polo Goberno autonómico para deseñar un prototipo biosostible destes establecementos temporais e que sirva de modelo de referencia para futuras instalacións.

«Galicia é moi diversa e o seu litoral tamén, polo que non se trata de uniformar, non queremos que todo sexa igual xa que sería un erro; o que queremos é que o valor de cada terreo se vexa realzado e iso pódese conseguir a través de arquitectura», manifestou.

Rueda, que estivo acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, reafirmou con esta idea o compromiso do Executivo galego de avanzar cara a un modelo máis respectuoso e homoxéneo que compatibilice a actividade económica coa conservación da contorna, tal e como establece a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga).

Desde Semana Santa

A Xunta está tramitando xa as solicitudes para obter autorización para instalacións, actividades, eventos e servizos de tempada e praia en toda a franxa costeira -e por primeira vez na zona de dominio público marítimo-terrestre-, cunha novidade importante para o sector, xa que os chiringuitos poderán operar de xeito opcional -de forma ininterrompida- desde a Semana Santa ata o 31 de outubro.

A nova liña de axudas ten por obxectivo facilitar que os propietarios que queiran renovar os seus negocios poidan adoptar os deseños galardoados, como o proxecto gañador Do mar ao furancho (de Emilio José Granda Caicedo e Santiago Ramos de Teresa).

Ao facelo, os hostaleiros «terán xa un proxecto redactado, sen ter que asumir os gastos correspondentes, e garántese que a instalación sexa homoxénea, accesible e respectuosa coas Directrices da Paisaxe», sinalan dende a Xunta.

Así, esta orde de axudas busca fomentar que nestes establecementos de tempada se empreguen materiais reutilizables, reciclados, de baixo impacto ambiental ou con certificación ecolóxica tanto na instalación de estruturas, solos e paneis como nos elementos de sombreado e protección solar, ou no mobiliario.

Tamén serán subvencionables actuacións dirixidas tanto á redución e correcta xestión dos residuos, como ao aforro enerxético e de auga. Por último, financiaranse accións que promovan a accesibilidade universal mediante solucións respectuosas coa contorna e a integración paisaxística.

Contías das axudas

No que atinxe ás contías, a axuda poderá cubrir ata o 50% do proxecto subvencionable, cun investimento mínimo por solicitude de 1.500 euros e unha axuda máxima por proxecto de 10.000 euros.

No caso da adaptación integral aos prototipos de chiringuito biosostible do concurso de ideas, a axuda poderá chegar ata o 70% do investimento subvencionable cunha contía máxima de 20.000 euros.

TEMAS

Tracking Pixel Contents