O BNG de Rianxo insta o Concello a pedir unha axuda da Deputación para musealizar a casa de Rafael Dieste
A formación lembra que a actuación encaixa na convocatoria para financiala con ata 150.000 euros

Casa de Rafael Dieste. / Cedida
O BNG de Rianxo instou o Concello a solicitar unha axuda á Deputación da Coruña para musealizar a casa do escritor Rafael Dieste. Trátase dunha convocatoria para recuperar elementos patrimoniais en concellos de menos de 50.000 habitantes e dotada cun millón de euros.
A Área de Patrimonio da Deputación da Coruña ten en marcha un programa que pode conceder axudas de ata 150.000 euros por actuación, cunha intensidade máxima do 80% sobre o orzamento dos gastos subvencionables.
O Bloque considera que o proxecto para musealizar a casa de Rafael Dieste encaixaría tanto na liña como no importe necesario para viabilizalo.
As subvencións están dirixidas a actuacións sobre espazos públicos e inmobles con valor histórico, artístico ou cultural; bens con valor tipolóxico ou etnográfico que conten coa declaración de Ben de Interese Cultural ou que estean catalogados; elementos do patrimonio de enxeñaría, como pontes ou camiños; patrimonio marítimo, incluíndo peiraos, carpinterías de ribeira, salgadurías ou secadoiros; e xacementos arqueolóxicos que incorporen sinalización e ou procesos de musealización.
"O proxecto para finalizar as actuacións, da autoría de Pepe Barro, tamén autor da Casa-Museo de Manuel Antonio ou da reforma da Casa de Rosalía en Padrón, permitiría abordar a preparación das diferentes estancias para a visita, con elementos orixinais, tanto mobiliario restaurado como primeiras edicións cedidas a Rianxo polo poeta mexicano amigo de Dieste, Gabriel Zaid. Un percurso vital deseñado a través da biografía dos diferentes membros da familia Dieste e unha particular visión do exilio e dos creadores do exilio", explican dende a formación.
Para poder acceder ás axudas, os concellos solicitantes deben ter unha poboación inferior aos 50.000 habitantes e presentar actuacións cun orzamento mínimo de 30.000 euros. Ademais, os bens obxecto da intervención deben ser de titularidade municipal, como é o caso, dunha casa emblemática da vila e berce da obra teatral A fiestra valdeira.
Diferentes administracións teñen financiado a compra do inmoble e dúas fases de rehabilitación, mais resta a musealización definitiva, para o que se teñen solicitado outras axudas.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales