‘O caso do cadáver asasinado’ abre este domingo 18 a Mostra de Teatro da Pobra
O programa inclúe outras tres representacións: ‘Terapia de grupo’, ‘A noiva cadáver’ e ‘Profetas’

Patricia Lojo, esquerda, e Fita Sanisidro, na presentación. / Cedida
A concelleira de Cultura da Pobra, Patricia Lojo, e a técnica municipal de dito departamento, Fita Sanisidro, presentaron este mércores a Mostra de Teatro que se levará a cabo entre os meses de xaneiro e febreiro no Teatro Elma.
O ciclo comezará este domingo, 18 de xaneiro, coa obra O caso do cadáver asasinado, de Teatro do Asteleiro, unha historia sobre a investigación do comisario Puertas sobre a estraña morte do Marqués de Fonseca no seu domicilio.
A programación continuará unha semana despois, o domingo 25, con Terapia de grupo, da Asociación Cultural Quemaisten Teatro, ambientada nunha sala de espera dunha prestixiosa doutora especialista en enfermidades de desorde obsesivo-compulsivo.
O domingo 1 de febreiro porase en escena A noiva cadáver, a cargo de Teatro das Maniotas do IES de Brión, que narra a historia de Emily, asasinada a mans do seu prometido, Lord Barkis.
A Mostra de Teatro pecharase o 8 de febreiro con Profetas, de Ítaca Teatro, que conseguiu o Premio Abrente da MIT Ribadavia en 2021 e relata a historia dun home e unha muller que se reencontran e tratan de recompoñer as lembranzas da súa relación.
Todas as representacións terán lugar os domingos, ás 19.00 no Teatro Elma con entrada de balde.
- Ganadera en Melide e 'influencer' del rural: «A mi padre le decían: 'Qué pena que no sea un chaval para poder conducir el tractor'»
- Estos son los ocho restaurantes de Santiago con la mejor relación calidad-precio
- La CIG convoca asambleas para decidir cuándo reiniciar la huelga de autobuses en Santiago
- La CIG espera cita con la patronal: si no hay acuerdo el lunes se reactiva la huelga de buses indefinida en Santiago
- Nueva subida del Tambre y reunión vecinal ante los desperfectos en los históricos molinos de A Ponte Maceira
- Santiago despide a Pepe del Latino, un referente de la hostelería en el Ensanche
- Carlos Cuerpo sitúa a Galicia en la “ventana de oportunidad” del nuevo ciclo económico
- Voto de confianza al alcalde de Negreira para arreglar los ruinosos molinos de A Ponte Maceira