Marta Villaverde eloxia o "espazo de cooperación" dos pósitos galegos
A conselleira de Mar presentou en Ribeira o libro no que Daniel Bravo Cores repasa a historia da centenaria confraría de Aguiño

Pola esquerda, Ciprián Rivas, José Antonio Santamaría, Marta Villaverde, María Sampedro e Daniel Bravo Cores. / Cedida
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este venres en Ribeira na presentación do libro O pósito de pescadores de Carreira e Aguiño (1924-1944), de Daniel Bravo Cores, que recupera a historia e o legado dunha das entidades mariñeiras máis representativas da ría de Arousa, e que vén de conmemorar o seu centenario.
A conselleira puxo en valor o papel das confrarías «como espazos de cooperación, organización e cohesión social», lembrando «o esforzo de xeracións de mariñeiros e mariscadoras que contribuíron á consolidación dunha entidade comprometida coa defensa dos intereses da xente do mar».
No acto participaron tamén a alcaldesa, María Sampedro; o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría; o coordinador da edición, Ciprián Rivas Fernández; o fotógrafo Antonio Parada; e Daniel Bravo Cores.
Villaverde destacou tamén que esta obra «contribúe a preservar e divulgar un valioso patrimonio documental e fotográfico, garantindo a conservación dun saber transmitido de xeración en xeración e reforzando o orgullo pola cultura mariñeira galega».
"A publicación é, probablemente, a primeira aproximación histórica a unha entidade social destas características en Galicia, que actúa como fonte para estudos posteriores e onde se abarca unha realidade unida ao desenvolvemento desta comunidade que conta co litoral peninsular máis extenso do Estado", dixo José Antonio Santamaría.
"Aproximarse a esta realidade significa recoller os acontecementos que desenvolveron a vida dunha confraría mariñeira que xa cumpriu cen anos. Daniel Bravo, o autor, é un investigador con obra publicada sobre o concello, estudando a orixe histórica, as corporacións municipais e as traxectorias dos alcaldes, ademais de realizar estudos sobre o barroco do concello de Boiro. Agora enceta unha nova obra, adentrándose na vida dunha organización mariñeira na que seu pai exerceu como secretario, abordando nela os primeiros vinte anos de vida da entidade", engadiu.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover