Boiro e Rianxo impulsan a construción dun centro compartido de recollida de animais abandonados
Ubicarase nunha parcela de máis de 400 metros cadrados da localidade boirense de Triñáns

José Ramón Romero, esquerda, e Julián Bustelo, asinando o acordo. / Cedida
Na actualidade, os concellos de Boiro e Rianxo teñen externalizado o servizo de recollida de animais abandonados, un servizo de competencia municipal de acordo co establecido na Lei 4/2017, do 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía de Galicia que lle corresponde aos municipios
Dado o crecente incremento nos últimos anos da cifra de animais abandonados por parte dos seus propietarios e propietarias, a recollida e atención destes resulta cada vez máis custosa para os municipios. Así as cousas, e co obxectivo último de prestar este servizo dunha maneira moito máis eficaz e eficiente, os gobernos locais de Boiro e Rianxo veñen traballando no deseño dun centro compartido de acollida de animais abandonados coa finalidade de dotarse dunha infraestrura capaz de albergar os animais (cans e gatos fundamentalmente) abandonados ou extraviados nos dous municipios.
O centro, que tería unha superficie útil total superior aos 400 metros cadrados, estaría localizado nunha parcela titularidade do Concello de Boiro situada no lugar de Triñáns. Contaría con canís e gateiras sufientes para atender a demanda existente, así como cun deseño modular que permitiría levar a cabo futuras adaptacións no caso de que resultara necesario un espazo maior.
A existencia deste espazo non só abarataría enormemente os custos do servizo, ao non ter que desprazar os animais a puntos máis afastados, senón que tamén evitaría que os donos dos animais extraviados se tiveran que desprazar a outras localidades a recoller as súas mascotas.
No caso de Rianxo, no ano 2025 recolléronse máis de 70 animais abandonados e na actualidade máis de medio cento están no centro de acollida da empresa responsable do servizo (localizado en Zas) agardando a seren adoptados.
O servizo de recollida de animais abandonados supón un custo de aproximadamente 85.000 € anuais para as arcas municipais. No caso do Concello de Boiro, este servizo supuxo no ano 2025 un gasto de case 130.000 €, rexistrándose un incremento notable nos últimos anos.
Os rexedores de Boiro, José Ramón Romero, e de Rianxo, Julián Bustelo, agardan que con este proxecto minore o custo do servizo para as arcas municipais e se mellore a prestación do mesmo.
Esta nova liña de traballo conxunto encádrase na estreita colaboración que se vén dando entre os dous concellos nos últimos meses para impulsar infraestruturas de interese para ambos os dous municipios.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda