A patronal de Boiro alíase co Club de Remo Cabo de Cruz nunha nova campaña do comercio local
Sortearanse camisolas cun lema de apoio á entidade, así como un vale de 20 euros e packs con toallas de praia, termos e neveiras friameiras

Agasallos que se sortearán na nova campaña da ABE. / Cedida
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) pon en marcha a campaña de promoción comercial A contra o reloxo do comercio local, coincidindo coa celebración da Carreira de Traineras Contra O Reloxo organizada polo Club de Remo Cabo de Cruz, co obxectivo de vincular o deporte coa actividade económica local e incentivar as compras no comercio de proximidade.
A campaña desenvolverase do 19 ao 31 de xaneiro, período no que as persoas consumidoras poderán participar nun sorteo de agasallos realizando compras nos establecementos asociados á ABE e rexistrando os seus tíickets na web da entidade. O sorteo celebrarase o luns 2 de febreiro.
Entre os premios destacan dous packs do Club de Remo Cabo de Cruz, que inclúen dúas camisolas co lema Cabo somos nós, un vale de compra de 20 euros para a tenda do club e un carné de socio para a tempada 2026, así como dous packs da ABE, compostos por toalla de praia, termo, neveira friameira e camiseta co lema Somos Boiro.
Con esta iniciativa, a ABE pretende apoiar e dinamizar o comercio local, reforzar a conexión entre deporte e economía de proximidade e dar visibilidade tanto ao tecido empresarial de Boiro como ao Club de Remo Cabo de Cruz, facilitando ademais a participación a través dun sistema dixital sinxelo e accesible.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover