Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ribeira licita a implantación dunha Plataforma Turística Intelixente

O obxectivo é a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe e xeren valor engadido ao destino

Imaxe do faro de Corrubedo.

Imaxe do faro de Corrubedo. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira continúa avanzando na implantación do seu Plan de Sustentabilidade Turística en Destino sacando a licitación unha Plataforma Turística Intelixente.

O obxectivo desta medida é a creación de ferramentas dixitais que melloren a información dos recursos turísticos, faciliten a planificación da viaxe, melloren a experiencia e xeren valor engadido ao destino.

En consecuencia, os turistas e a cidadanía disporán de información de interese dunha maneira innovadora mediante servizos personalizados e experiencias inmersivas.

As necesidades que se pretenden cubrir son: contar cunha plataforma amena e didáctica; favorecer e incentivar as visitas aos recursos, facilitando a súa interpretación didáctica e mellorando a difusión e coñecemento a través de contidos innovadores e gamificados; desestacionalizar, deslocalizar e diversificar a demanda turística para reforzar a sustentabilidade do destino; incrementar a estancia media do turista e a competitividade do destino; e facilitar a mellora continua dos procesos incluídos na cadea de valor turística mediante o uso da tecnoloxía.

O proxecto supón o deseño e subministración de software e licencias necesarias, así como a súa configuración para o correcto funcionamento de todos os elementos da solución; a dixitalización dos

recursos turísticos, incluíndo a súa documentación, a realización de material gráfico e audiovisual para a súa integración e carga na plataforma; a recompilación e integración na plataforma de

información xa existente doutros recursos turísticos e hostaleiros, así como outra información de interese para a estancia do turista; a integración entre todos os compoñentes e carga dos contidos; a

xeración e entrega da documentación; formación; e soporte.

O orzamento de licitación é de 200.000 euros, IVE incluído, financiados na súa totalidade con fondos Next Generation no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 2 de febreiro.

O prazo de execución será de dous meses dende a formalización do contrato.

Tracking Pixel Contents