Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Xunta financiará con 2 millóns de euros unha residencia para persoas con discapacidade en Outes

Ubicarase na antiga escola de Cruceiro de Roo, cedida polo Concello á entidade para a súa adaptación

O alcalde de Outes, Francisco Calo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, no antigo colexio de Cruceiro de Roo no que se habilitará a residencia.

O alcalde de Outes, Francisco Calo, e a conselleira de Política Social, Fabiola García, no antigo colexio de Cruceiro de Roo no que se habilitará a residencia. / Cedida

Outes

A Consellería de Política Social destinará dous millóns de euros a financiar a construción dunha nova residencia para persoas con discapacidade en Outes, que xestionará a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (Adisbismur). O Consello da Xunta deu luz verde este luns á sinatura dun convenio de colaboración entre a Consellería e dita entidade.

A nova residencia financiarase con fondos Next Generation e situarase na antiga escola de Cruceiro de Roo, edificio cedido hai uns meses polo actual Goberno local, que preside Francisco Calo, á entidade para a súa adaptación. O servizo contará con capacidade para aloxar 24 persoas.

A entidade será a encargada de elaborar o proxecto, da contratación e do seguimento das obras.

Con este recurso, a Xunta segue apostando por crear servizos de proximidade no rural para procurar que as persoas con discapacidade que precisen deles poidan permanecer na súa contorna.

Ademais, a futura residencia completará a rede de servizos de Adisbismur, da que xa forman parte un centro ocupacional, con capacidade para medio cento de usuarios, e un centro de día que presta atención a unha vintena de persoas.

Nestes centros a Xunta financia 49 prazas, ás que destina preto de 720.000 € anuais.

Tracking Pixel Contents