Amicos pecha en Ribeira dous exitosos programas de activismo ambiental e mariño
A entidade realizou 110 accións medioambientais e reinsertou no mar 460 gorgonias, 1.120 unidades de zostera e 1.150 soportes de laminarias

Autoridades e representantes das institucións, empresas e colectivos que colaboraron con Amicos nos dous proxectos. / Cedida
O auditorio de Ribeira acolleu este martes a clausura dos proxectos de activismo ambiental e mariño Labmar e Cabalga, impulsados pola asociación de persoas con discapacidade intelectual Amicos.
O proxecto Labmar centrouse na redución de residuos mariños e a valorización dos mesmos a través de talleres de emprego inclusivos.
As actividades leváronse a cabo no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o Parque Natural de Corrubedo, o complexo intermareal do Grove, o Parque Natural de Doñana, o Parque Nacional Marismas de Odiel, as lagoas de Palos e Las Madres, as marismas de Río Piedras e El Rompido e en Punta Umbría.
O proxecto Cabalga é unha iniciativa posta en marcha polo Instituto de Ciencias do Mar do CSIC, a Asociación Amicos e varias confrarías de pescadores de Galicia e Cataluña.
No acto participaron o presidente do colectivo de mariscadores de Carreira-Aguiño, Manuel A. Reiriz; o director-conservador de Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández; Stefano Ambroso, membro do Instituto de Ciencias do Mar-CSIC; o catedrático de Bioloxía da Universidade da Coruña Javier Cremades; o director xeral de Amicos, Xoán España; e a activista medioambiental de Amicos, Cristina Sanmiguel.
Nos últimos meses, a entidade realizou máis de 110 accións medioambientais, nas que se mobilizaron máis de 2.000 voluntarios e voluntarias.
Ademais, no que vai de ano, a entidade leva reinsertadas 460 gorgonias, 1.120 unidades de zostera e 1.150 soportes de laminarias.
A iniciativa contribúe a mitigar os impactos antropoxénicos sobre os fondos mariños mediante a restauración activa de gorgonias, posidonias oceánicas e laminarias, e ao mantemento dos seus ecosistemas a través dunha pesca máis sostible.
Plantáronse centos de gorgonias en Galicia e Baleares mediante o método bádminton, centos de semillas de posidonia en Baleares e centros de semillas de laminarias no Eixo Atlántico galego mediante técnicas de buceo.
As restauracións leváronse a cabo no mar Mediterráneo e no océano Atlántico. Concretamente en Ses Salines d'Eivissa de Ibiza e Formentera (Baleares), Cap de Creus (Cataluña), sistema de canóns submarinos occidentais do Golfo de León (Cataluña), Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, área protexida das Rías Baixas e complexo litoral de Corrubedo.
No acto tivo lugar unha mesa redonda moderada polo director de Proxectos da Federación Nacional de Cofradías de Pescadores, Fabián Ben, e na que participaron o patrón maior da Confraría San Julián da Illa de Arousa, Juan José Rial; o director do CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo de Valga; a activista medioambiental Adriana Miguéns; e a técnica María José Lamela.
Nesta abordáronse as experiencias e motivacións dos distintos sectores á hora de participar en accións de restauración e concienciación medioambiental, así como do impacto social das mesmas.
O proxecto Labmar estivo impulsado por Amicos, Fundamar e a Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, e conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a nel participaron máis de 2.000 voluntaros e recolléronse máis de 2.000 quilos de refugallos mariños.
O acto foi tamén un recoñecemento ás institucións, empresas, entidades e particulares que apoian o traballo que desenvolve Amicos no eido da inclusión social e da protección do medio mariño.
Durante o acto púxose en valor o traballo desenvolvido ao longo destes anos nos proxectos Labmar e Cabalga, así como o papel das persoas participantes, das entidades colaboradoras e das alianzas xeradas ao redor da defensa e coidado do medio mariño.
Nos últimos anos, a Deputación da Coruña vén apoiando o colectivo Amicos a través de distintas liñas de subvención, como os programas orientados á activación sociolaboral e ao acompañamento ao emprego de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión, e os programas destinados a investimentos sociais, como o proxecto de vivendas comunitarias Horizonte autónomo, centrado na promoción da vida independente. “Uns apoios que permiten consolidar servizos esenciais, xerar oportunidades e reforzar o tecido social da comarca”, sinalou a deputada.
No acto participaron tamén a delegada da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo; a directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón; a deputada provincial de Industria, Emprego, Política Demográfica e Medio Ambiente da Deputación da Coruña, Rosa Ana García; a alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro; e distintos representantes de entidades, confrarías, comunidade educativa e empresas participantes nestas iniciativas.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago