Formación 'porta a porta': Ribeira organiza cursos de novas tecnoloxías nas nove parroquias
Abrangue dende o nivel básico ao avanzado en manexo de Internet, correo electrónico e aplicacións móbiles, así como iniciación á Intelixencia Artificial

Álex Vidal, na presentación dos cursos. / Cedida
O concelleiro de Innovación e Novas Tecnoloxías de Ribeira, Álex Vidal, presentou a oferta formativa que terá lugar na aula CeMIT durante este primeiro trimestre do ano; un itinerario ao que se suman os cursos que terán lugar nas parroquias.
A formación en competencias dixitais abrangue dende o nivel básico ao medio/avanzado. Ademais de cuestións como o manexo de Internet, o correo electrónico ou as aplicacións móbiles, as persoas participantes terán ocasión de facer toma de contacto coa Intelixencia Artificial.
A aula CeMIT goza dun gran dinamismo, cunha ocupación superior ao 90%.
No que resta de xaneiro impartiranse do 26 ao 30 de xaneiro unha nova edición dos cursos Arranque dixital, de 09.30 a 11.30 horas, e Primeiros pasos co teu móbil, de 12.00 a 13.30 horas. O primeiro
versa sobre a iniciación básica ao LibreOffice , Internet, creación e uso de correo electrónico e toma de contacto coa Intelixencia Artificial. O segundo estará dedicado ao uso básico do dispositivo Android.
A formación no mes de febreiro centrarase na preparación do Comdix nivel iniciación. Trátase dun curso orientado a preparar aquelas persoas que queiran facer o exame para obter o Certificado de Competencias Dixitais. A formación será do 2 ao 13 de febreiro, todos os días agás o mércores, en horario de 10.00 a 11.30 horas. O temario divídese en seis bloques: Coñece o entorno dixital; Ten a información sempre a man; Tecnoloxías dixitais; Participa na sociedade dixital; Crea contido dixital; e Atopa o benestar dixital.
As probas terán lugar na aula CeMIT os días 25 (en quenda de tarde, de 16.30 a 18.30 horas) e 26 e 27 de febreiro (en quenda de mañá, de 10.00 a 12.00 e de 12.00 a 14.00 horas). O período de
inscrición para estes exames permanece aberto ata o 28 de xaneiro.
Xa no mes de marzo desenvolveranse dous cursos os días 5, 6, 9, 10, 12, 16, 23 e 24. Desde as 10.00 ata as 11.30 horas as clases correspóndense con Despegue dixital, para o perfeccionamento de
LibreOffice, uso avanzado de Internet e correo electrónico Gmail e Intelixencia Artificial aplicada. E, de 12.00 a 13.00 horas haberá o de Avanza co teu móbil, focalizado nun nivel medio/avanzado do
dispositivo Android.
Cursos nas parroquias
A formación en competencias dixitais tamén chegará ás parroquias de Ribeira. Durante o primeiro trimestre haberá os seguintes cursos: Crea contido con Intelixencia Artificial, no centro social de Corrubedo, do 9 ao 12 de febreiro, de 16.00 a 18.30 horas; Seguridade: protexe o teu mundo dixital, no centro social de Carreira, do 23 ao 26 de febreiro, de 10.00 a 13.00 horas; Aplicacións para xestionar trámites en Internet, no centro social de Oleiros, os días 9, 10, 12 e 13 de marzo, de 10.00 a 13.00 horas; e Ocio dixital: aplicacións para gozar, na Casa do Mar de Palmeira, do 23 ao 26 de marzo, de 10.00 a 13.00 horas.
Estas mesmas accións formativas rotarán polo resto de parroquias no segundo trimestre: Crea contido con Intelixencia Artificial, no Centro Recreativo de Artes, do 6 ao 9 de abril, de 10.00 a 13.00 horas; Seguridade: protexe o teu mundo dixital, na casa da cultura de Aguiño, do 21 ao 24 de abril, de 10.00 a 13.00 horas; Aplicacións para xestionar trámites en Internet, no centro social de Olveira, do 4 ao 7 de maio, de 10.00 a 13.00 horas; e Ocio dixital: aplicacións para gozar, na casa da cultura de Castiñeiras, do 26 ao 29 de maio, de 10.00 a 13.00 horas.
Os interesados en obter máis información e facer as inscricións poden chamar ao teléfono de contacto 981 876 043 ou enviar un email ao enderezo electrónico cemit.ribeira@xunta.gal.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda