O PSOE de Rianxo reclama medidas urxentes en seguridade viaria e cidadá no municipio
Alerta da alta sinistralidade entre a ponte de Taragoña e o límite con Dodro, e do aumento de accidentes no cruce de Taragoña-Muíños

Imaxe dun axente da Policía Local de Rianxo durante un operativo. / Cedida
O portavoz municipal do PSOE de Rianxo, Óscar Rial, vén de solicitar unha reunión co alcalde, Julián Bustelo, para analizar con urxencia a situación da seguridade viaria e da seguridade cidadá no concello, dúas cuestións que están a xerar unha crecente preocupación entre a veciñanza ante as incidencias rexistradas nas últimas semanas.
No eido da seguridade viaria, os socialistas poñen o foco na autovía do Barbanza e nas estradas autonómicas ao seu paso polo concello, instando á Xunta de Galicia a que adopte solucións reais, completas e urxentes, especialmente nos tramos con maior sinistralidade.
"Os datos confirman que o tramo comprendido entre a ponte de Taragoña e o límite co concello de Dodro concentra unha porcentaxe moi elevada dos sinistros con persoas feridas, o que evidencia a necesidade de actuacións específicas e ben planificadas", sinala Rial.
Desde o PSOE de Rianxo valoran positivamente os anuncios de investimentos na autovía, pero consideran imprescindible coñecer con detalle que actuacións concretas se van realizar nos puntos máis problemáticos, "xa que a sinistralidade segue a incrementarse nalgúns tramos".
Ao mesmo tempo, a formación reitera a súa preocupación pola situación do cruce de Taragoña-Muíños, "un punto no que se están a producir sustos continuos derivados da súa configuración e do elevado volume de tráfico, con pequenas incidencias reiteradas que evidencian un risco real para a seguridade".
O PSOE insta o Concello de Rianxo a dar unha solución a este punto, xa sexa actuando directamente ou reclamando ao titular da vía as medidas necesarias.
Así mesmo, solicita que, se o Concello entende que o semáforo existente xa non é necesario, se achegue o informe técnico que avale esa decisión e se proceda á súa retirada, "xa que actualmente non se atopa en funcionamento, xerando confusión entre os condutores".
"A non activación deste semáforo afecta tamén á seguridade na zona de Campos de Pazos, onde se vén detectando un incremento da velocidade dos vehículos. Trátase ademais dun cruce que dá acceso a un itinerario habitual cara ao colexio, polo que a ausencia dunha medida intermedia que permita abrir xanelas de paso incrementa a inseguridade, especialmente para peóns e familias", explica Óscar Rial.
Na reunión solicitada co alcalde, o PSOE de Rianxo tamén demanda abordar a situación da seguridade cidadá, coa finalidade de coñecer que medidas se están a levar a cabo ante o aumento das incidencias rexistradas nos últimos días. "A veciñanza precisa información, coordinación e respostas claras que transmitan tranquilidade e confianza", indica.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros