Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Alumnos de varios centros escolares de Boiro participan en talleres sobre emprendemento no Lab Barbanza

Participan en encontros para coñecer proxectos e traxectorias incubadas nesa instalación

Visita dun grupo de alumnos ao Lab Barbanza.

Visita dun grupo de alumnos ao Lab Barbanza. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro leva a cabo con diversos centros de ensino do municipio uns talleres sobre emprendemento circular e sostible. Estas actividades englóbanse no marco do programa de dinamización do Centro de Formación, Innovación e Emprendemento Lab Barbanza.

Participan nesta actividade alumnado de dous centros de Primaria e dous e Secundaria. No caso dos centros de Primaria o alumnado recibe un taller e tamén unha visita ao espazo coworking para poder coñecer o que é un espazo coworking e como funciona.

No caso dos centros de Secundaria e Bacharelato o alumnado tamén conta con duas sesións: unha teorico-práctica con dinámicas participativas sobre emprendemento e unha visita ao coworking para manter un encontro cos emprendedores e emprendedoras do espazo para coñecer de primeira man os seus proxectos e traxectorias.

O concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, participou nunha das xornadas que están impartidas por A Maceta e que teñen un dobre obxectivo. Por un lado, dar a coñecer o espazo Lab Barbanza como un centro municipal de formación e emprendemento con opcións de formación para un futuro profesional e, polo outro, despertar no alumnado a curiosidade polo espírito emprendedor.

Tracking Pixel Contents