Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Concello de Ribeira repartirá 6.000 euros no festival de murgas e comparsas do Entroido

Carla Núñez e Marcos López, protagonistas do podcast Todo mal, exercerán de presentadores

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, co cartel do concurso do Entroido.

A concelleira de Cultura, Ana Barreiro, co cartel do concurso do Entroido. / Cedida

Ribeira

O Concello de Ribeira prepara todo xa para vivir o seu Entroido, e publicou xa as bases do concurso do desfile de murgas e comparsas, que repartirá 6.000 euros en premios e gratificacións.

O festival desenvolverase o martes, 17 de febreiro, festivo local, a partir das 17.00 horas nunha carpa que se instalará no Malecón. Carla Núñez e Marcos López, protagonistas do podcast Todo mal, exercerán de presentadores dunha gala onde non faltarán a retranca e o humor.

"Quecemos xa motores para o que nos depara o Entroido en Ribeira. Este é só un adianto da programación cultural e festiva na que estamos traballando para dinamizar o noso municipio e vivir estas

datas como se merecen. E, como non podía ser doutro xeito, non podía faltar o tradicional festival de murgas e comparsas, que contará con dous presentadores excepcionais, como son Carla Núñez e Marcos López, do podcast Todo mal, polo que as risas e a interacción co público están máis que aseguradas", dixo a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Tal e como se recollen nas bases, establécense tres categorías: murgas de adultos, murgas infantís e comparsas. A data límite de inscrición é o domingo, 8 de febreiro. Esta formalizarase presentando a documentación no Rexistro Xeral do Concello, ben sexa de maneira presencial ou telemática a través da sede electrónica municipal.

A contía de 6.000 euros destinada a este evento divídese do seguinte xeito: 3.200 euros para as gratificacións e 2.800 euros para os premios. As gratificacións por participación serán dun máximo de 200 euros por cada murga adulta, infantil ou comparsa. No caso de que algunha entidade ou asociación estea representada en murga e comparsa, a gratificación será en conxunto por un importe de 299 euros.

As murgas na categoría de adultos poderán optar a un primeiro premio de 1.000 euros, un segundo de 600 euros, un terceiro de 400 euros ou a distinción á mellor murga local, con 800 euros.

Tracking Pixel Contents