Un programa do IES Nº1 de Ribeira busca reducir a ansiedade e o 'bullying' entre o alumnado
Prolongarase ata o 9 de marzo e participará alumnado de terceiro e cuarto da ESO
A través de varias actividades reflexionarán sobre autocoidado, saúde mental, crises de ansiedade ou proxectos vitais

Instalacións do IES Número Un de Ribeira. / Cedida
O Instituto Número Un de Ribeira puxo en marcha este martes un programa de educación emocional, baixo o lema Espertando a forza interna, no que participará o alumnado de 3º e 4º da ESO ata o vindeiro día nove de marzo.
Será impartido pola psicóloga sanitaria María do Carme González Hermo, experta en psicoloxía de emerxencias, psicóloga deportiva e membro da rede de formadores-colaboradores do Centro Autonómico de Formación e Innovación. Creará un espazo onde o alumnado poida expoñer as súas inquedanzas e reflexionar sobre elas en base a principios de calidade de vida, cooperación, autocoidado, coidado mutuo e saúde mental.
O seu principal obxectivo é que os participantes sexan capaces de identificar e adquirir novas ferramentas de afrontamento propias; reflexionar sobre os valores e sobre o propio proxecto vital; fortalecer o sentido de pertenza ao grupo; e adquirir estratexias para previr e dar apoio ante unha crise de ansiedade.
Para conseguilo, empregarase unha metodoloxía moi participativa: os alumnos e alumnas farán investigacións sobre as súas emocións, debates, presentacións tipo publicidade-marketing, entrega de preguntas e inquedanzas anónimas, pósters a partir de imaxes de revistas e un debuxo en papel continuo dunha aldea celta cos distintos roles.
Asimesmo, crearán un poema coas frases que resuman o que aprenderon ao longo do mencionado programa. Na última sesión avaliarán as actividades levadas a cabo cun cuestionario a través dun código QR.
Con estes obradoiros, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira agarda «achegar recursos que axuden a diminuír as taxas de ansiedade, violencia, bullying ou suicidio entre a mocidade», segundo explican dende o centro educativo ribeirense.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda