Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira forma quince persoas en manipulación de alimentos

Esta semana comezan as clases sobre hixiene alimentaria

Acto de entrega de diplomas.

Acto de entrega de diplomas. / Cedida

Ribeira

Un total de 15 persoas remataron o curso de manipulación de alimentos dentro da terceira edición do Programa Integrado de Emprego de Ribeira. A concelleira de Promoción Económica e Emprego, Carmen Pérez, asistiu este martes á entrega de diplomas aos participantes.

Ademais, esta semana iníciase a formación básica en hixiene alimentaria e continúase co curso de manexo de carretilla.

"Seguimos coa aposta na formación como mecanismo para a capacitación e posterior entrada ao mundo laboral. Se a semana pasada comezábamos co de carretilla, nestes días pechamos o curso de manipulación de alimentos e iniciaremos o de hixiene alimentaria. Diferentes cursos para os perfís profesionais que buscan as empresas e adaptándose á demanda das persoas participantes no

Programa Integrado de Emprego", sinalou a edil.

O Programa Integrado de Emprego de Ribeira conta coa participación dun cento de persoas desempregadas inscritas como demandantes de traballo e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Porto do Son, cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Ao longo de doce meses reciben orientación, formación e intermediación laboral baseada nunha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a conciliación, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.

O Programa Integrado de Emprego 2025-2026 está promovido polo Concello de Ribeira e subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Tracking Pixel Contents