Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Boiro impulsa un plan de mellora en parques infantís cun investimento de 47.575 euros

Nunha primeira fase estase actuando en instalacións de Praia Xardín e Cariño

Traballos nun dos parques infantís.

Traballos nun dos parques infantís. / Cedida

Boiro

O Concello de Boiro está a levar a cabo actuacións de mellora en diversos parques infantís do municipio cun investimento total de 47.575 euros.

Estas actuacións forman parte do plan de melloras en instalacións de ocio que se van levar a cabo para mellorar os espazos de xogo.

As actuacións que se están a realizar inclúen a revisión e substitución de elementos de xogo deteriorados, a reparación de pavimentos de seguridade, a mellora de valados e accesos e traballos de limpeza e adecuación xeral das áreas infantís.

Nesta primeira fase estase actuando en particular no parque de calistenia de Praia Xardín e no parque infantil de Cariño, en Cabo de Cruz, así como reparacións puntuais en outros parques do municipio e o obxectivo é adecuar os parques con maior número de usuarios.

Tracking Pixel Contents