Boiro Novo denuncia un "arboricidio" no marco da reforma integral da casa da cultura
A formación lembra que, en vez de integrar o novo edificio no entorno, cortáronse máis dunha ducia de frondosas

Restos da talla realziada fronte á casa da cultura de Boiro, sometida a unha reforma integral. / Cedida
O concelleiro da formación Boiro Novo, Xurxo Triñanes, denuncia "un novo atentado contra o patrimonio paisaxístico e medioambiental do concello". O edil tacha de "arboricidio" a talla de árbores no perímetro da casa da cultura, que está sendo obxecto dunha reforma integral.
Segundo Triñanes, "máis dunha ducia de frondosas de gran porte foron talladas para facer oco á obra faraónica da nova casa da cultura. Unha mostra máis de como o entorno e o medio ambiente xogan un papel secundario na planificación urbanística do Goberno que preside José Ramón Romero".
O concelleiro de Boiro Novo engade que o Goberno local de Boiro "volve faltar á verdade, xa que, cando anunciou o proxecto, afirmou que se ía integrar o inmoble no entorno, e mesmo se chegaron a difundir imaxes virtuais de como quedará o novo edificio xunto coas árbores, cando agora vemos que fan o contrario".
"Estamos ante unha nova talla indiscriminada que se suma á da praza consistorial, ás do paseo marítimo de Barraña ou ás da finca do Pazo de Goiáns", sinala.
Segundo Triñanes, "lonxe de integrar nada, as árbores son vistas por este Goberno como un estorbo e non como un ben a conservar. Como contraposición, para a nosa asemblea as infraestruturas e os proxectos deben facerse priorizando o menor impacto ambiental posible".
"Adecuar a obra ao entorno e non ao revés. Así o fixemos na lexislatura pasada cando tivemos responsabilidades de goberno, deseñando actuacións tentando facer o mínimo impacto ambiental e respectando as árbores existentes. E cando, por motivos técnicos, non foi posible manter algunha árbore no mesmo lugar, eliximos transplantar antes que tallar, como por exemplo no tramo de carril bici de Anegral", dixo.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde