Disfraces-retro, bingo, discotecas móbiles e sorteo dunha moto: así será o Entroido en Noia
O Concello amplía este ano a programación, recupera a esencia do desfile París-Dakar e repartirá 7.600 euros en premios

Imaxe que ilustra este ano o cartel do Entroido de Noia. / Cedida
O concelleiro de Eventos de Noia, Abel Pan, presentou a programación da cuadraxésima edición do Entroido da localidade, que este ano se celebrará baixo o lema É Entroido en Noia e en base a un calendario de actividades que amplía a programación tradicional e aposta por propostas para todos os públicos.
Abel Pan mostrouse moi satisfeito co programa deseñado para esta edición tan especial, destacando que “é un Entroido que mantén a esencia de sempre, pero que ao mesmo tempo medra e se
diversifica, con máis actividades e máis días de festa”.
Neste sentido, puxo especialmente en valor a recuperación dun dos actos máis emblemáticos. “Recuperamos o desfile París-Dakar tradicional o primeiro venres, o venres 13 de febreiro, unha cita moi querida pola veciñanza e que forma parte da historia do Entroido de Noia”, dixo.
Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, subliñou que un dos grandes obxectivos desta edición é potenciar a xornada do sábado. “Queremos que o sábado 14 Noia se converta nun auténtico campo de festa, con distintas discotecas móbiles repartidas pola vila e cun prato estrela: o evento Noia con marcha: A Noia dos 90-00, no que faremos unha viaxe ao pasado, á Noia de hai 30 anos, animando a noieses e noiesas a participar con disfraces acordes a esa temática”, sinalou.
O Entroido comezará o venres 13 coa celebración do París-Dakar de sempre, que se iniciará ás 21.00 horas ante o Bar París, con inscrición previa a través de WhatsApp no 626 771 219, e que finalizará na carpa da alameda, onde haberá animación musical.
A programación continuará o sábado 14 cun tardeo dende as 17.00 horas na carpa da alameda, amenizado por Cabina Móvil. Pola noite celebrarase o gran evento Noia con marcha ás 23.30 horas, no que se sorteará tamén unha moto entre as persoas asistentes.
O domingo 15 será a quenda do Bingo de Entroido, que terá lugar ás 20.30 horas na carpa da alameda, conducido por Patricia Galán, con música e animación durante toda a sesión.
O luns 16 estará especialmente pensado para o público máis novo, cunha festa infantil con inchables e espectáculo de Animart ás 17.00 horas na carpa da alameda (que se trasladará ao polideportivo en caso de choiva), ademais do correspondente desfile infantil de disfraces.
O Entroido de Noia despedirase provisionalmente o mércores de cinza co tradicional Enterro da Sardiña, que contará coa Charanga Solfamidas e unha chocolatada ás 19.00 horas na carpa da alameda, para dar paso ao inicio do enterro ás 20.30 horas.
Finalmente, o venres 20 celebrarase o gran desfile de Entroido, o París-Dakar habitual, que sairá ás 20.30 horas dende o paseo marítimo ata O Curro, onde estará instalada a disco móbil CDC para
poñer o broche final á festa.
A contía dos premios deste desfile ascende a 7.600 euros.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda