Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Dous alumnos do CPR Divino Maestro da Pobra inician unha estadía profesional en Madeira

No marco do programa ErasmusPro, permanecerán alí catro meses co obxectivo de acadar unha especialización internacional que impulse a súa empregabilidade

Imaxe de arquivo de alumnos do CPR Divino Nazareno da Pobra.

Imaxe de arquivo de alumnos do CPR Divino Nazareno da Pobra. / Cedida

A Pobra

Dous alumnos do centro de Formación Profesional CPR Divino Maestro da Pobra realizarán en Madeira (Portugal) unha estadía profesional de longa duración baixo o programa ErasmusPro.

Segundo a dirección do centro, trátase dun "proxecto de éxito pioneiro en España, ao combinar as políticas activas de emprego da Xunta de Galicia coas oportunidades de internacionalización que ofrece o programa Erasmus+, do cal o CPR Divino Maestro é beneficiario".

Os dous alumnos seleccionados, que se atopaban en situación de desemprego, formáronse neste centro de FP, ao abeiro do Plan Formativo para o Emprego 2024-2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración. Tras obter os seus Certificados Profesionais (Grao C) recentemente, este domingo partirán cara a citada rexión insular portuguesa, onde permanecerán catro meses co obxectivo de acadar unha especialización internacional que impulse de xeito significativo a súa empregabilidade.

Tracking Pixel Contents