Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Muros inicia a mellora do firme e do saneamento na rúa Real

Desde este xoves 22 e ata novo aviso permanecerá pechado ao tráfico o acceso dende a Praza de Galicia

Treito da rúa Real, na que se executarán as obras.

Treito da rúa Real, na que se executarán as obras. / Cedida

Muros

O Concello de Muros puxo en marcha as obras para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real, cun investimento de 240.000 euros.

Por este motivo, desde este xoves, 22 de xaneiro, e ata novo aviso, permanecerá pechado ao tráfico o acceso á rúa Real dende a Praza de Galicia.

Para aqueles vehículos que acceden dende a rúa da Axesta, a saída será pola zona do mercado municipal en dirección á estrada de Miraflores.

«As obras suporán unha importante mellora dos servizos públicos na rúa Real de Muros. Por iso agradecemos a colaboración e pedimos á veciñanza desculpas polas molestias que ocasionen», dixo ao respecto a alcaldesa, María Lago.

Tracking Pixel Contents