Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O alcalde de Noia reúnese co ministro de Cultura e convídao a asistir á vindeira Mostra de Curtas

No encontro con Ernest Ursasun participou tamén o tenente de alcalde, Manuel Seijas

Pola esquerda, Manuel Seijas, Francisco Pérez e Ernest Ursasun.

Pola esquerda, Manuel Seijas, Francisco Pérez e Ernest Ursasun. / Cedida

Noia

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, e o tenente de alcalde, Manuel Seijas, mantiveron este xoves unha reunión institucional co ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na sede do Ministerio de Cultura, en Madrid.

Durante o encontro, o alcalde e o tenente de alcalde presentaron ao ministro distintas liñas de actuación e desenvolvemento que ofrece Noia como municipio, centrando a reunión nalgúns dos aspectos patrimoniais máis relevantes da vila, así como nas posibilidades que ofrece en termos de proxección cultural.

Pola súa parte, o ministro de Cultura mostrou o seu interese pola importancia histórica e patrimonial de Noia, trasladando que tanto el como o Ministerio de Cultura están abertos a establecer vías de colaboración co Concello.

A valoración realizada polo Executivo noiés é moi positiva, enmarcándose este encontro dentro dunha rolda de reunións institucionais que teñen como obxectivo promocionar o municipio e explorar posibles vías de progreso e investimento.

Así mesmo, durante a reunión, os representantes municipais invitaron formalmente o ministro de Cultura a participar na XXVII Edición da Mostra Internacional de Curtametraxes Vila de Noia, evento que conta cun importante financiamento de dito Ministerio e que se celebrará a finais deste ano.

TEMAS

Tracking Pixel Contents