O instituto de Rianxo organiza o certame artístico Cousas en homenaxe a Castelao
Premiarase con 300 euros a mellor obra que combine un texto breve cunha imaxe co espírito da retranca do ilustre galeguista

Un alumno do IES de Rianxo debuxando na pizarra o emblemático sombreiro de Castelao. / Cedida
O IES Félix Muriel de Rianxo volve organizar, por terceiro ano consecutivo, o certame artístico Cousas, unha proposta educativa que pretende poñer en valor a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, escritor e artista nado en Rianxo e referente esencial da cultura galega.
As persoas participantes deberán presentar unha creación pertencente ao xénero da Cousa, ideado por Castelao, que combina un texto breve cunha imaxe. A través desta iniciativa búscase tanto render homenaxe ao autor rianxeiro como promover o uso e a normalización da lingua galega entre a mocidade.
Poderá participar o alumnado menor de 19 anos que curse ESO, Bacharelato ou algún ciclo de Formación Profesional.
Os premios establecidos para esta edición serán de 300 euros para a obra gañadora, 200 euros para a segunda clasificada e 100 euros para a terceira.
O prazo límite para a entrega das obras será o venres 30 de xaneiro. As bases completas do certame poden consultarse na páxina web do centro, onde tamén se recolle información adicional.
O xurado estará formado por Pilar Ponte e Xabier Vázquez Parcero, vinculados ao ámbito educativo; Kiko Dasilva, profesional das artes plásticas; e Leo Arremecághona, creador do ámbito artístico.
A organización do certame continúa en mans dun grupo integrado por alumnado de segundo de Bacharelato e por estudantes que remataron os seus estudos no centro o curso anterior, mantendo así o carácter participativo da iniciativa.
O equipo organizador convida a todo o alumnado a participar nesta nova edición do certame e a compartir a súa creatividade a través das Cousas, unha iniciativa que se prepara con dedicación e que busca recoñecer e poñer en valor o talento artístico da mocidade.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros