A Xunta destina 6,4 millóns a ayudas para mellorar a seguridade e a eficiencia dos buques pesqueiros
Financiaranse a modernización de barcos, a instalación de equipamentos de seguridade e salvamento ou auditorías enerxéticas, entre outros investimentos

Marta Villaverde, este xoves no peirao de Portosín. / Cedida
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, animou este xoves dende Portosín (Porto do Son) a solicitar as axudas para a mellora da seguridade e a eficiencia de buques pesqueiros, dotadas con 6,4 millóns de euros e cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
Con esta liña de apoios, desde a Xunta, tal e como explicou Villaverde, “estamos contribuíndo a impulsar unha frota máis segura, eficiente e competitiva”. E é que as accións subvencionables están dirixidas a mellorar as condicións laborais e de seguridade das tripulacións, reducir o impacto ambiental da actividade pesqueira, incrementar a eficiencia enerxética e aumentar o valor engadido e a seguridade alimentaria dos produtos do mar.
A orde dá cobertura a actuacións como a modernización de buques, a instalación de equipamentos de seguridade e salvamento, melloras na habitabilidade e conectividade a bordo, investimentos en sistemas de propulsión máis eficientes e menos contaminantes, auditorías enerxéticas, adaptacións das artes de pesca para aumentar a selectividade ou proxectos orientados á valorización das capturas.
O prazo de solicitude é dun mes. Os interesados poden consultar as características e os requisitos das mesmas na sede electrónica da Xunta ou nas oficinas Es.Mar que a Consellería do Mar ten a disposición do sector no litoral galego.
Case 400 proxectos
O prazo para solicitar as axudas é dun mes e comezou este xoves coa publicación no día de onte da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Desde o anterior Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (Femp) 2014-2020 ata a actualidade a Xunta financiou 394 proxectos por un importe superior aos 16 millóns de euros.
Na primeira convocatoria Fempa, correspondente á do 2025, concedéronse 129 proxectos por preto de 7,9 millóns de euros, duplicando amplamente a media do período anterior e consolidando unha tendencia á alza no interese do sector por modernizar a frota e avanzar cara a unha pesca máis sostible.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde