Fitur 2026
Boiro, un dos paraísos máis completos de Barbanza
Esta vila presume de grandes areais como Barraña e de históricas estruturas, restos arqueolóxicos e paraxes naturais

O Pazo de Goiáns é un dos símbolos do patrimonio boirense. | CEDIDA
ECG
O Concello de Boiro aproveita a súa presenza en Fitur para promocionar algúns dos puntos máis emblemáticos da súa xeografía, consolidándose como un destino no que patrimonio, historia e natureza conviven nunha contorna privilexiada da ría de Arousa.
Pazo de Goiáns
Entre os principais atractivos que o municipio dará a coñecer atópase o Pazo de Goiáns, un dos grandes símbolos patrimoniais de Boiro. Cunha finca de máis de 120.000 metros cadrados, a súa torre do século XVI, xunto co hórreo, palomar, lagar e embarcadoiro, conforman un conxunto único, conectado ademais co núcleo urbano e coa praia de Barraña a través do paseo do estuario do río Coroño. Este espazo, no que se celebran eventos culturais e institucionais, é tamén visitable mediante reserva previa na oficina de turismo.
Castro de Neixón
A oferta complétase cun enclave de gran relevancia histórica como o Castro de Neixón, declarado Ben de Interese Cultural. Situado nunha pequena península da ría de Arousa, este espazo arqueolóxico permite achegarse a máis de 2.500 anos de historia, desde a transición da Idade de Bronce á Idade de Ferro, sendo ademais un dos xacementos clave no desenvolvemento da arqueoloxía galega.
Estuario do río Coroño
A natureza tamén ocupa un lugar destacado na promoción boirense, coa posta en valor do estuario do río Coroño, unha das paraxes naturais máis singulares do municipio, rodeada de vexetación lacustre e integrada no paseo marítimo de Barraña. Xunto a el, o piñeiral habilitado con zonas de lecer, mesas, grellas, circuítos biosaudables e espazos para todas as idades convértese nun punto ideal para o descanso ao aire libre.

ESPECIAL FITUR 2026
ESPECIAL FITUR 2026Praia de Barraña
Por último, a praia de Barraña e o seu paseo marítimo, pioneiros do turismo en Boiro, representan unha das principais cartas de presentación do municipio. Cun areal de augas tranquilas e un paseo de tres quilómetros dotado de infraestruturas deportivas, zonas infantís, carril bici e oferta hostaleira, este espazo consolídase como un lugar perfecto para gozar do turismo familiar e activo.
Con esta proposta, Boiro preséntase en Fitur como un destino completo, que invita a descubrir con calma a súa riqueza natural, histórica e cultural, nunha contorna onde a natureza e o patrimonio forman parte da vida cotiá.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros
- Santiago encara la segunda jornada de huelga indefinida de buses a la espera de la reunión de esta tarde