RECICLAXE
Boiro recolle 7.300 quilos de residuos orgánicos en dous meses de servizo
Ofrece a prestación xunto cos concellos de Rianxo e A Pobra

Marcos Fajardo, esquerda, e o alcalde, José Ramón Romero. / Cedida
O Concello de Boiro puxo en marcha no mes de novembro a recollida de residuos orgánicos no contedor marrón de forma conxunta cos concellos de Rianxo e A Pobra. Durante os dous primeiros meses do ano recolléronse no municipio un total de 7.296 quilos.
A implantación do contedor marrón estase a realizar no municipio de xeito progresivo. Comezouse polos grandes produtores tales como bares e restaurantes, supermercados ou comedores de centros escolares.
"Está dando moi bos resultados nestes primeiros meses, a cifra de residuos recollidos demostra a gran concienciación que existe xa por parte da veciñanza sobre a recollida selectiva", recoñece o concelleiro Marcos Fajardo.
Campaña de concienciación
Paralelamente, o Concello de Boiro estivo levando a cabo unha campaña de concienciación sobre a recollida selectiva e a implantación do quinto contedor co obxectivo de concienciar á veciñanza para cando se realice a súa instalación para a poboación xeral.
Ademais, dende a administración local lévanse a cabo un programa de compostaxe doméstica que se comezou no ano 2020 e mediante o que se levan repartidos no municipio arredor de 400 composteiros en vivendas unifamiliares.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover