Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lousame, vistas privilexiadas sobre o mar e a montaña

Situado no límite entre os concellos de Lousame e Rianxo, no cumio do monte MuraIlla e a preto de 700 metros sobre o nivel do mar, atópase o Miradoiro do Monte Muralla

Miradoiro do Monte Muralla

Miradoiro do Monte Muralla / Cedida

Santiago

Dende o Mirador do Monte Muralla atópase un enclave privilexiado desde o que se poden contemplar algunhas das vistas máis espectaculares de Galicia.

Este miradoiro, aberto ao público no ano 2020, presenta unha plataforma elevada que funciona como un auténtico balcón natural sobre a paisaxe. Dende el, a mirada abarca as rías de Arousa, Muros-Noia e Pontevedra, e nos días despexados mesmo é posible distinguir as torres da Catedral de Santiago ou o perfil das Illas Cíes.

Ademais de poder gozar dunha das mellores vistas da comunidade, este espazo, moi popular entre os amantes da fotografía, conta na súa contorna con diversas rutas de sendeirismo, que se volven unha opción perfecta para coñecer de cheo o rico patrimonio natural da zona. Tamén invita a camiñar polos seus piñeirais no outono na busca de cogomelos.

Pero o rechamante balcón do Muralla non é, nin de lonxe, o único atractivo de Lousame, berce de fervenzas como as de Fruime ou San Xusto de Toxosoutos.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

Tamén é doado regresar ao pasado visitando as fábricas de papel de Brandia, Fontán ou A Galiñeira ou adentrarse nas antigas minas de metal de San Finx, que son parte da historia dun concello pegado ao mar e que tamén ofrece o mellor da montaña.

O Concello de Outes,

Tracking Pixel Contents