Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FITUR 2026

O sombreiro tradicional de Outes que desafía ao tempo

O Concello de Outes, situado no fondo da ría de Muros e Noia, é un lugar abrazado polo mar e pola montaña

Taller de sancosmeiros

Taller de sancosmeiros / CEDIDA

Santiago

Situado no fondo da ría de Muros e Noia, Outes é un lugar abrazado polo mar e pola montaña, onde cada recuncho lle ensina ao visitante un espazo labrado por xeracións de labregos e mariñeiros dos que aínda se manteñen as súas tradicións.

Unha delas é a elaboración e a utilización do sombreiro sancosmeiro, unha prenda utilizada polos traballadores do campo para protexerse do sol e da chuvia e que recibe este nome por nacer da parroquia de San Cosme. A súa elaboración é completamente a man, utilizando cordóns de palla, pódense dende con tres ata con seis, pero popularmente faise con catros, que se van trenzando entre eles. Ademais soe estar decorado cunha cinta negra ou doutra cor. Actualmente é empregado por varios grupos folclóricos nos seus bailes para volver a poñer en valor a profunda tradición a que está ligada esta peza de artesanía.

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

ESPECIAL FITUR 2026

Fervenza de San Paio

En canto a beleza natural de Outes, destaca a fervenza de San Paio, un dos saltos de auga máis bonitos da comarca de Noia e que asombra as miradas de todos os viaxeiros. Para chegar a este punto pódese completar unha ruta dende a capela de San Paio que invita a gozar aos camiñantes dun entorno verde, sereno e rodeado de flora e fauna silvestre. Tamén destaca a Ponte Nafonso sobre o río Tambre.

Tracking Pixel Contents