CIVISMO
Primeiras sancións en Ribeira por deixar o lixo fóra dos contedores
A alcaldesa di que "é preciso poñer fin as actitudes incívicas"

As sancións foron impostas por axentes da Policía Local de Ribeira. / Cedida
Axentes da Policía Local de Ribeira sancionaron nos últimos días cunha infracción leve a varias persoas por depositar lixo fóra dos contedores habilitados e esparexer o seu contido na vía pública. Fixeron tamén varios apercibimentos polo incumprimento da ordenanza municipal de limpeza, que prohibe deixar bolsas no chan.
«É preciso poñer fin a actitudes incívicas que supoñen o incumprimento da normativa. Non podemos permitir que se ensucien as nosas rúas. As sancións e os apercibimentos son medidas disciplinarias que non gustan, pero que son necesarias para paliar situacións que ultimamente estanse acrecentando no noso municipio», afirma a alcaldesa, María Sampedro.
A veciñanza ten que saber tamén, engade, que existe un horario para o depósito do lixo nos contedores. «Todos temos a responsabilidade de contribuír ao benestar social de coidar as rúas de Ribeira», subliña.
A modificación da ordenanza municipal, no seu artigo 27 con data do 2018, establece que o horario de depósito de lixo nos contedores de fracción resto é de 18.00 a 00.00 horas.
Están exentos desa obriga os residuos correspondentes ás fraccións de recollida selectiva de papel-cartón e envases lixeiros e vidro, que poderán depositarse a calquera hora do día nos respectivos contedores.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado