SERVIZOS
Sanidade garante ao alcalde de Outes a cobertura dunha praza médica vacante
Calo pediulle ao conselleiro o servizo de hospitalización a domicilio

O conselleiro, terceiro esquerda, e o alcalde na xuntanza mantida en días pasados. / Cedida
O alcalde de Outes, Francisco Calo, mantivo unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, para trasladarlle unha serie de necesidades que permitirían mellorar a atención sanitaria no municipio.
En concreto, Calo mostrou interese na cobertura dunha praza de atención primaria que na actualidade se atopa vacante. O conselleiro asegurou que non desaparecerá e que o Goberno Autonómico espera poder cubrila proximamente de forma estable.
Ademais, o conselleiro comprometeuse a valorar con ánimo construtivo as propostas de mellora da accesibilidade do centro de saúde solicitadas polo rexedor.
A última das peticións trasladadas polo alcalde de Outes tivo que ver coa posta en marcha no municipio do servizo de hospitalización a domicilio. Unha demanda, dixo Calo, "moi reclamada polos veciños" e que, na súa opinión, "melloraría a calidade asistencial no concello".
Calo aproveitou tamén a reunión para agradecer "o compromiso que tanto a Xunta de Galicia como a Consellería de Sanidade manteñen co Concello de Outes en materia de colaboración e de investimento en proxectos de vital importancia para os veciños".
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago