FITUR 2026
Viaxe a través dos sabores de Barbanza-Arousa
A nova proposta de posicionamento turístico da mancomunidade está centrada na enogastronomía e no traballo dos produtores locais

Alcaldes e ediles de Barbanza-Arousa con Xosé Manuel Merelles, octavo; Regueira, décimo; e Cachafeiro, á dereita. / CEDIDA
ECG
A Mancomunidade Barbanza-Arousa presentou este xoves en Fitur a súa nova proposta de posicionamento turístico baixo o lema Barbanza-Arousa, un viaje a través de las historia de los sabores, unha aposta clara e coherente que sitúa a enogastronomía e aos produtores locais como eixes estratéxicos do desenvolvemento turístico do territorio.
Esta proposta nace da identidade propia de Barbanza-Arousa e pon en valor un patrimonio construído ao longo de xeracións, profundamente ligado ao mar e á terra. Un territorio onde os sabores nacen da paisaxe, do traballo nas rías, da tradición conserveira, da viticultura e do respecto por un contorno natural excepcional. Un relato que conecta cultura, historia e forma de vida. Así, iniciativas como o museo da salgadura, o museo da conserva, as utas temáticas, as aulas enogastronómicas e outras propostas inmersivas reforzan os municipios de Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo como destinos coherente, competitivo e aliñado coas novas demandas do viaxeiro.
Iniciou a presentación a xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro, que fixo fincapé en que «lo importante son las personas de nuestro territorio que hacen posible que hoy presentemos a Barbanza Arousa como el lugar donde nacen los sabores». De seguido, proxectouse a peza audiovisual que transmitiu ao público asistente en Fitur unha historia na que se reflicte que nos seus municipios é onde xurden os sabores.
O acto continuou coa intervención de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia, que destacou que «la estrategia de Barbanza Arousa está alineada con los objetivos de la estrategia de Turismo de Galicia 2030, reinventándose sin perder la autenticidad». A continuación, seguiu a intervención de José Carlos Vidal, presidente da Mancomunidade, que salientou a importancia da cooperación entre os catro concellos da agrupación e da colaboración co sector privado.
Seguidamente, realizou a súa intervención Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de Turismo, que destacou a importancia da enogastronomía para Barbanza- Arousa e Galicia en xeral, sendo o noso «Silicon Valley», subliñando «el talento de nuestros sectores productivos». Pechou o acto a intervención de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, que coas súas palabras quixo remarcar o traballo da Mancomunidade Barbanza-Arousa como «un territorio que lleva mucho tiempo trabajando por dar vida a estos municipios»; así mesmo, Merelles indicou que «Barbanza Arousa es un ejemplo de gestión
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover