FORMACIÓN
Da Pobra a Madeira para abrir vías laborais
Laura e Adrián, do CPR Divino Maestro, son beneficiarios dun plan pioneiro en España

Chefa Bretal, esqu., Laura Sánchez, José Domínguez e Adrián Rey, no CPR da Pobra. / Cedida
Adrián Rey Castro e Laura Sánchez Romero, dous alumnos do centro de Formación Profesional CPR Divino Maestro, da Pobra do Caramiñal, viaxarán a Madeira (Portugal), acompañados polo coordinador de formación de adultos, José Domínguez, para complementar a súa formación nunha empresa hoteleira durante catro meses co fin de ampliar as opcións de atopar un emprego.
Chefa Bretal, directora do centro, asegura que se trata «dun caso de éxito pioneiro en España, que pon en valor a eficacia das políticas activas de emprego da Xunta de Galicia». A iniciativa enmárcase na convocatoria para realizar unha mobilidade internacional de longa duración (ErasmusPro).
Os dous alumnos obtiveron os seus Certificados Profesionais (FP de Grao C, niveis 1 e 2) grazas á formación impartida baixo o Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia. Acadaron os títulos de Actividades de xestión administrativa e Operacións de gravación e tratamento de datos e documentos, respectivamente.
Dende o centro aseguran que «este éxito non sería posible sen a cooperación institucional: o programa da Xunta para formar a persoas desempregadas, o Erasmus Pro para as mobilidades do alumnado, e a colaboración do Concello da Pobra para captar o alumnado a través do servizo de orientación».
Itinerarios que abren portas
A directora do CPR Divino Maestro asegura que «queremos visibilizar como estes itinerarios formativos abren portas reais á internacionalización e á inserción laboral de calidade, dada a relevancia deste fito para a comunidade educativa e para o tecido laboral galego».
Dende o centro subliñan que o principal obxectivo dos Graos C, que teñen unha duración de entre 400 e 600 horas, é «facilitar a inserción laboral das persoas que cursan estes ciclos para obter un certificado de profesionalidade». Aínda que os cursos inclúen prácticas, «o Eramus Pro permítelles ampliar a experiencia laboral no extranxeiro».
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover