SERVIZOS
O BNG demanda peches de protección para a estación de autobuses de Ribeira
Luis Pérez di que "non conta cunhas condicións mínimas de confort"

Luis Pérez, no centro, acompañado de Rafa Pazos e Veva Betanzos, na estación de buses. / BNG
O BNG de Ribeira demanda a mellora da estación de autobuses da capital municipal. Lembran que estaba previsto facer neste ano uns peches parciais para protexer das inclemencias meteorolóxicas aos usuarios e usuarias, «unha actuación que non debe quedar truncada por levar adiante unha moción de censura interesada», afirma o seu portavoz Luis Pérez.
A estación «non conta cunhas condicións mínimas de confort e protección ante as inclemencias meteorolóxicas, por iso deben levarse a cabo estas obras para evitar que os usuarios teñan que agardar polos autobuses ao frío e á choiva, especialmente nos meses de inverno» concluíu Pérez Barral.
Ademais, os nacionalistas botan en falta «unha resposta firme e decidida da Xunta diante da grave situación que está a vivir o sector do transporte de viaxeiros por estrada na provincia». Trátase, engaden, dun conflito laboral que está precarizando os dereitos das persoas traballadoras pero tamén está tendo «un impacto directo e moi negativo na vida cotiá de centos de usuarios e usuarias, especialmente en vilas e comarcas como A Barbanza».
«Acudir ao centro de traballo, ao médico ou simplemente baixar a Ribeira facer os recados está a converterse nunha misión imposible para moitas persoas», denuncia Luis Pérez.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro