URBANISMO
Ribeira declarará urbanos 36 tramos de vías rurais afectados por unha dobre normativa
O obxectivo é que a construcción de vivendas se rexa unicamente pola lexislación local

A alcaldesa e técnicos municipais coa directora xeral de Urbanismo, á dereita. / C. R.
A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto a persoal técnico municipal reuniuse coa directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, para iniciar o proceso para a declaración do carácter urbano de 36 tramos de vías autonómicas e provinciais en núcleos rurais do municipio.
O obxectivo é que a construción de vivenda se rexa unicamente aplicando a normativa municipal, para que a veciñanza do rural con fogares a carón das estradas de titularidade autonómica e provincial non teña que seguir varias lexislacións. Este cambio suporía unificar os metros das franxas de protección fixados nestas vías.
«Esta modificación poría solución ao problemas que teñen veciños destas zonas. Estas vivendas vense afectadas por dúas normativas, a municipal e a do ente competente da estrada. Polo que esta declaración urbana permitiría regular as solicitudes de expedientes, minimizar o número de taxas para a cidadanía e axilizar a tramitación», afirma a rexedora.
Cinguiríanse unicamente ao Plan Xeral de Ordenación Municipal e as franxas de protección destas áreas «pasarían a ser xestionadas exclusivamente polo Concello», engade.
De feito, dos 41 núcleos rurais cos que conta Ribeira, son 36 os que se ven actualmente afectados, especialmente no discorrer da AC-550, AC-303 e DP-7304.
Proceso de ano e medio
Esta rolda de contactos con Xunta de Galicia supón o primeiro paso para a culminación do proceso en ano e medio, ademais de estar pendente contactar coa Deputación da Coruña.
Primeiramente, o Concello de Ribeira encargará un estudo detalle para someter a pleno a aprobación inicial desta modificación e dar traslado a Axencia Galega de Infraestruturas e á institución provincial, entes que despois deberían remitir os seus respectivos informes de viabilidade.
Finalmente, faríase o envío de toda a documentación á Dirección Xeral de Urbanismo para que a Xunta de Galicia faga a aprobación definitiva da incorporación da aliñación gráfica ao PXOM.
A partir dese momento tódalas Administracións públicas rexeranse pola normativa municipal nesta materia e «deixará de existir discordancia nos metros de franxa de protección e non repercutirá na cidadanía con vivendas nestas zonas do rural», subliña a alcaldesa de Ribeira.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros