XORNADAS
Aguiño homenaxea ao párroco Francisco Lorenzo e loa aos escritores locais
A Semana Cultural incluíu actuacións musicais e un espectáculo infantil

Ofrenda floral ante o busto do párroco Francisco Lorenzo, en Aguiño. / Cedida
Aguiño (Ribeira) acolleu esta fin de semana a XXI Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño, na que se reivindicou o legado do seu primeiro párroco: Paco de Aguiño. O sábado tivo lugar unha ofrenda floral fronte ao busto de Francisco Lorenzo, acompañada polas gaitas de Os Liantes, de Artes.

Representantes políticos e da Asociación Francisco Lorenzo, en Aguiño. / Cedida
A presidenta da Asociación Francisco Mariño, Elvira Pisos, deu lectura a un manifesto no que, ademais de loar o labor do párroco, tamen se recollía o rexeitamento, «da tiranía de Trump, a guerra interminable de Ucraína pola invasión de Rusia e do xenocidio de Palestina cometido por Israel». Asemade, houbo unha lembranza para as vítimas do accidente ferroviario en Adamuz e dos finados na parroquia, en especial a Ventura a Lorcheira.

Actuación das cantareiras As Sete Linguas, de Aguiño. / Cedida
Os actos comezaron o venres coa conferencia de Pastor Rodríguez Santamaría, filólogo, coordinador de Barbantia e director do Museo do Gravado de Artes, adicada ao máis de douscentos escritores e escritoras do concello de Ribeira, dos cales destacou a Andrés Torres Queiruga, Daniel Bravo Cores, Quico Cadaval, Carlos Callón, Antonio Piñeiro, Fidel Vidal, Xosé Ramón Barreiro, Xabier Lorenzo Marqués, Chus Blanco ou Unai González.
A Semana Cultural pechouse cun espectáculo infantil e familiar a cargo de Peter Punk, e a organización agradeceu o apoio da Concellería de Cultura, a Deputación da Coruña e dos patrocinadores.

Acto de homenaxe ao párroco Francisco Lorenzo Mariño, en Aguiño. / Cedida
As xornadas culturais contaron ademais coas actuacións das cantareiras da asociación, As Sete Linguas, que interpretaron melodías e cantos populares recuperados polas aldeas de Galicia; Os Liantes de Artes; e María da Pontragha.
Aos actos sumáronse o tenente de alcalde Vicente Mariño; a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; os concelleiros Luís Pérez Barral, Fernando Abraldes, Nucha Brión ou Vicente Reiriz; a presidenta de Barbantia, Chus Blanco; o presidente da Asociación de Xubilados de Aguiño, Manolo Pérez; e o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, entre outros.
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Augas de Galicia sanciona al Concello de Santiago con 300.000 euros tras mediciones en el río Sar
- El bar a 20 minutos de Santiago donde Netflix rodó una de sus series más vistas: 'Fue una experiencia flipante
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- El aeropuerto de Santiago pierde uno de cada tres pasajeros con respecto al año pasado