POLÍTICA MUNICIPAL
Luís Pérez escoita á veciñanza de Olveira e avalía os investimentos na parroquia
O BNG de Ribeira avoga por dar voz á veciñanza

Luis Pérez e concelleiros do BNG na xuntanza coa veciñanza de Olveira. / BNG
O BNG de Ribeira mantivo unha xuntanza aberta coa veciñanza de Olveira dentro da iniciativa Parroquias con voz, un espazo de encontro co obxectivo de achegar a acción política municipal á veciñanza e coñecer de primeira man as súas necesidades.
O acto permitiu ademais facer balance da xestión realizada durante os dous anos e medio nos que o BNG formou parte do goberno municipal, así como explicar con detalle os investimentos executados na parroquia e aqueles que quedaron programados e con financiamento asegurado.
Política de proximidade
O portavoz municipal e exalcalde, Luís Pérez Barral, acompañado por concelleiras do grupo municipal e polo responsable local do BNG, destacou a importancia de darlle voz á veciñanza, sinalando que "a xente debe ter participación para detectar prioridades e facer avanzar a parroquia".
Engadiu tamén que este tipo de encontros "permiten facer política baseada na escoita e na proximidade e xa o goberno local ten que tomar nota replicando estas accións".
Entre as cuestións expostas pola veciñanza figuraron a necesidade de mellorar a seguridade viaria e o transporte público, así como a mellora de accesibilidade ou dotación de saneamentos e mellora da iluminación pública, aspectos que o BNG considera "prioritarios" de cara a futuras actuacións.
Pavimentacións e saneamentos
Pérez expuxo tamén os investimentos executados na parroquia de Olveira, que superan os 555.000 euros, destacando a dotación de auga potable no cruce da Dunas, a pavimentación e saneamento en Sirves, o saneamento no lugar de Espiñeirido e a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo en Campelos.
Actuacións que, segundo explicou o portavoz do BNG, "responden a unha planificación seria, pensada para mellorar a calidade de vida da veciñanza e resolver carencias históricas".
Ademais, Pérez Barral informou de que quedaron preparados e con financiamento asegurado novos proxectos que permitirán continuar mellorando a parroquia nos vindeiros meses, como a ampliación do saneamento en Cristal, cun investimento de 46.000 euros, e a pavimentación do estacionamento das Dunas, tamén cun orzamento de 46.000 euros.
A seguinte xuntanza será o martes 27 de xaneiro ás 19.30 horas no centro recreativo de Artes.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda