ARTE
‘WTF’, imaxes para reconsiderar o que entendemos por humano en La Doce
A moldava Natasha Lelenco expón en Boiro «obras que dialogan entre sí»

Unha das obras da exposición 'WTF' de Natasha Lelenco. / N. L.
A galería La Doce, de Boiro, acolle a exposición WTF, terceira mostra individual de Natasha Lelenco no espazo. Artista de orixe moldava con estudo en Ourense, Lelenco é tamén unha das impulsoras de Casa das Peritas, un proxecto de arte ocasional e galería en liña que promove a creación contemporánea desde o rural de Fisterra.
WTF presenta unha selección de obras recentes que dialogan entre si a partir dun elemento común: o asombro e o desconcerto como forma de relación co mundo. A través dun uso da cor profundamente identificable na súa práctica, a artista constrúe imaxes que se interrogan polo sentido da arte e da linguaxe nun contexto no que, segundo a propia autora, «parece necesario reconsiderar o que entendemos por humano».
Préstamos do surrealismo
Segundo Natasha Lelenco, a exposición toma préstamos do surrealismo, especialmente no uso do inesperado e da dislocación do sentido, mais faino desde unha posición consciente da erosión contemporánea de determinadas linguaxes simbólicas. O what the fuck que dá título á mostra, afirma, «non funciona aquí como xesto evasivo nin irónico, senón como unha actitude sostida de perplexidade fronte á realidade».
Nun equilibrio entre humor, intensidade cromática e intimismo, a proposta avanza cara un territorio radical no que a cor se converte tamén en volume e adquire unha dimensión instalativa, activando o espazo expositivo e xerando unha experiencia que non deixa indiferente ao espectador.
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- Cocido para miles en Lalín y cuatro vuelos desde Afganistán para el pregonero Diego Rivas
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago