PORTO DO SON
Medio millón para accións de protección do patrimonio natural de Barbanza
Catro taxistas recibiron axudas para adquirir vehículos adaptados

Luis Oujo e Belén do Campo co novo vehículo adquirido polo Concello de Porto do Son. / X. G.
O Fondo de Compensación Ambiental achegou a 10 concellos de Barbanza axudas, por un total de 520.000 euros, para avanzar na protección do patrimonio natural. Os beneficiarios son A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro, Rianxo, Lousame, Mazaricos, Outes, Porto do Son, Muros e Carnota, segundo informou a delegada da Xunta, Belén do Campo, durante a súa visita a Porto do Son.
Acompañada polo alcalde, Luis Oujo, presentou o novo vehículo adquirido polo Concello sonense para a recollida e traslado de vertidos incontrolados ao punto limpo municipal.
Do Campo sinalou que «é fundamental que as administracións continuemos colaborando para eliminar este tipo de puntos de vertido e fomentar o comportamento responsable da cidadanía». O novo vehículo permitirá reforzar a resposta municipal.

Oujo e Do Campo, esqda., co taxista de Porto do Son que adquiriu un vehículo adaptado. / X.
A delegada da Xunta tamén visitou un dos catro taxistas da comarca de Barbanza (dous de Ribeira, un de Muros e outro de Porto do Son) que recibiron axudas para adquirir vehículos adaptados Eco por un importe total de 13.000 euros. Na provincia da Coruña foron 78 os beneficiarios e no total de Galicia concedéronse 180 axudas, segundo informou a delegada da Xunta, Belén do Campo.
Aproveitou ademais para animar ao sector a solicitar axudas para adquirir taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos. Para tal fin, a Xunta conta cunha partida de 500.000 € este ano.
- Nueva huelga de buses en Santiago sin los servicios mínimos al completo: 'Llego una hora tarde a trabajar
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- De la verbena gallega al Benidorm Fest: un joven de Carballo quiere «mostrar el talento que hay en Galicia»
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- El Sar se desborda en Bertamiráns y a la crecida del Tambre y Gallo se unen la del Cambeda, Bermaña y Xundarama
- Fallece a los cien años el empresario pobrense Severino Escurís Batalla
- El mal tiempo impide acabar la autovía Santiago-Lugo en plazo: 'Llevamos treinta y pico días sin dejar de llover