POLÍTICA MUNICIPAL
Noia prioriza os servizos básicos e a racionalización do gasto en 2026
Goberno e BNG acordan aprobar un orzamento de 14,7 millóns

Manolo Seijas, esquerda, Francisco Pérez e Ricardo Suárez selando o acordo. / Cedida
O goberno de Noia e o BNG asinaron un acordo orzamentario centrado na racionalización do gasto e na priorización dos servizos básicos, ao tempo que se blinda a conciliación. As contas de 2026 ascenden a 14.736.219,18 euros, medio millón máis que en 2024. Así o destacaron o alcalde, Francisco Pérez (PSOE); o tenente de alcalde e concelleiro de Facenda, Manolo Seijas (Marea); e o voceiro do BNG, Ricardo Suárez.
O acordo presentado, sinalan, «é o resultado de meses de traballo técnico e político», nos que se analizaron en detalle as contas municipais, as obrigas pendentes e as marxes reais de actuación.
Saneamento e abastecemento
As novas contas apostan por priorizar o gasto nos servizos básicos, reorientando partidas e reducindo investimentos e programas considerados non esenciais, co obxectivo de garantir e mellorar o funcionamento dos servizos públicos fundamentais. Así, habilitáronse partidas de ata 480.000 euros para saneamento, e 127.000 euros para o abastecemento e o servizo de auga potable.
Os asinantes subliñan que «o orzamento nace nun escenario económico especialmente delicado, cunha capacidade de investimento e de gasto moito menor ca en exercicios anteriores, marcado polas débedas acumuladas e obrigas herdadas, entre elas as da Mancomunidade Serra do Barbanza». Neste senso, a xestión de residuos pasa de menos de 1 M€ en 2024 a 2.115.566,40 € en 2026, axustándose ás cotas reais e permitindo iniciar a regularización da débeda acumulada.
Eficiencia e seriedade
O alcalde, Francisco Pérez, puxo en valor que o Concello de Noia volva aprobar un orzamento no mes de xaneiro. «É un logro colectivo e un paso adiante na estabilidade institucional», afirmou. Subliñou que as contas están baseadas «na racionalización, eficiencia e seriedade na xestión».
Manolo Seijas, tenente de alcalde, afirmou que «nunca se investiron tantos recursos propios nos servizos esenciais», e indicou que foi preciso «apertar en todas as áreas, revisar cada contrato e priorizar con rigor».
Pola súa banda, Ricardo Suárez (BNG) asegurou que «este é o pacto da auga», e subliñou o «investimento sen precedentes» en saneamento co reto de avanzar cara unha planificación integral das redes. Nesa liña, habilitase unha partida de 50.000 € para contratar un servizo especializado na estación depuradora.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda