DEMANDA
O BNG pide reforzar o servizo de Correos en Ribeira
Presentou iniciativas no Concello e no Congreso dos Deputados

Luís Pérez, no centro, con representante do BNG diante da oficina de Correos. / BNG
O BNG de Ribeira presentou iniciativas no Concello e no Congreso dos Deputados para reclamar ao Goberno do Estado medidas para cubrir o persoal do servizo de Correos garantindo así un bo funcionamento.
O voceiro nacionalista, Luís Pérez, asegura que "dos quince postos de traballo que deberan estar cubertos en Correos en Ribeira, apenas arredor de oito persoas están en activo, porque non se cobren as baixas, as vacacións nin as vacantes. Isto está tendo consecuencias negativas para veciñanza e persoal traballador”.
Atrasos nas entregas
Esta situación tradúcese en atrasos na entrega da correspondencia e da paquetaría, sobrecarga de traballo para o persoal e dificultades crecentes na atención á cidadanía. "Estamos a falar dun prexuízo directo tanto para as traballadoras e traballadores de Correos como para a veciñanza, o comercio e as empresas de Ribeira, que precisan dun servizo postal fiable”, sinala Pérez Barral.
A nova iniciativa do BNG tamén insta ao Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible a manter aberta a oficina de Correos da parroquia de Aguiño no horario habitual, "unha demanda clave para garantir a atención á veciñanza desta zona e evitar o feche dunha oficina que presta servizo ao rural", indican.
Novos servizos nas parroquias
Por outra banda, o BNG propón que o Concello de Ribeira solicite a sinatura do convenio para implantar o servizo Correos Pay, que permitiría pagar tributos, taxas e impostos tanto na oficina de Correos como a través das carteiras e carteiros rurais no propio domicilio. “
"Este servizo non ten custo para o Concello e sería unha ferramenta moi útil para achegar os servizos públicos ao rural, especialmente para as persoas maiores ou con dificultades de mobilidade ou acceso dixital”, explica Pérez Barral.
Subliña que medidas como esta "van na liña de reforzar o papel público de Correos e mesmo de recuperar servizos financeiros públicos no rural, algo que xa existiu no pasado e que hoxe sería máis necesario ca nunca. O que pedimos é algo tan básico como que Ribeira teña un servizo de Correos á altura da súa poboación e da súa actividade económica. É unha cuestión de garantir o acceso aos servizos públicos", conclúe Luís Pérez.
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Un restaurante de Santiago conquista la alta cocina y suma su primer Tres Soles Repsol: 'Ha construido un universo propio
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- La autora de la novela de la que todo el mundo habla viene a Santiago esta semana
- Los residentes rechazan el sentido único en la rúa do Rego para evitar rodear O Milladoiro