COMERCIO
O plan de fidelización das empresas de Boiro supera os 40.500 rexistros en 2025
En dous anos o número de usuarios incrementouse un 83%

Unha usuaria que cambiou puntos ABE por unha maleta. / ABE
A Asociación Boirense de Empresas (ABE) fai unha valoración moi positiva do funcionamento do seu sistema de fidelización durante 2025, un exercicio no que acadaron 40.542 rexistros, participaron 5.120 persoas usuarias e se entregaron 282 premios, consolidando esta ferramenta como un dos principais instrumentos de dinamización do comercio local en Boiro.
O sistema permite acumular o 10% do importe de cada ticket ou factura en puntos para cambiar por agasallos do catálogo de puntos, sen necesidade de rexistro previo, e son válidas as compras realizadas nas 212 empresas asociadas á ABE, facilitando así unha participación sinxela, accesible e directa para toda a clientela.
Os datos reflicten unha evolución moi positiva nos últimos anos. En 2023 contabilizáronse 30.993 rexistros con 2.805 persoas usuarias; en 2024 alcanzáronse 33.820 rexistros e 4.150 usuarios; e en 2025 produciuse un novo incremento ata os 40.542 rexistros e 5.120 usuarios, o que supón un crecemento do 30 % en rexistros e do 83 % en usuarios respecto de 2023.
Os meses con maior actividade en 2025 foron agosto (4.058 rexistros), xullo (3.995) e decembro (3.950). Pola súa banda, marzo destacou como o mes con máis premios entregados (73).
No apartado de agasallos, os máis demandados foron os bonos ABE, con 121 cambios realizados, seguidos dos paraugas, con 65 unidades entregadas, confirmando a boa acollida de recompensas útiles e vinculadas ao comercio local.
Campañas promocionais
Ademais, durante o pasado ano, a través desta aplicación desenvolvéronse 8 campañas promocionais: catro delas baseadas no sorteo de lotes de produtos (Día da Nai, Día do Pai, San Valentín e Magosto), dúas campañas nas que se sortearon bonos ABE por un valor superior aos 2.000 euros (Quincenas Fantásticas e Ola Primavera), e unha campaña con fins solidarios na que os rexistros se converteron en doazón a favor de Cruz Vermella.
O xerente da ABE, Tomás Estévez, destaca que este sistema "non só impulsa as vendas nos establecementos asociados, senón que tamén fortalece a relación coa clientela, promove hábitos de consumo responsable e contribúe á fidelización do consumo no comercio local de Boiro".
- Todo lo que tienes que saber sobre el Carnaval en Santiago: horarios, concursos, desfiles y más
- Gallinas en las aulas: el Entroido convierte una escuela infantil de A Pobra en una granja
- Hasta cinco tapas gratis por consumición: la nueva cafetería que no querrás perderte en el corazón de Santiago
- La Deputación da Coruña licita por 1,12 millones la adquisición de un inmueble para su sede en Santiago
- Juzgan a una agente bancaria de Monterroso (Lugo) por estafar 250.000 euros a sus familiares
- Aumenta la división sindical por el conflicto de los autobuses tras la última reunión mediadora
- Oportunidad en Santiago de Compostela: ático a menos de 200 metros de la Catedral
- Estos son los servicios mínimos de los buses de Santiago a partir de este miércoles ante la huelga indefinida