SERVIZOS
Ribeira simplifica a apertura dos colectores de materia orgánica
Cambiará as pechaduras de tarxeta por chaves tradicionais

O Concello opta por un sistema máis sinxelo e con menos mantemento. / Cedida
O Concello de Ribeira intensificará a súa aposta por simplificar o sistema de apertura dos colectores marróns. Para iso, o Goberno local suplirá as actuais pechaduras de tarxeta electrónica por un sistema de chave mecánica, máis sinxelo de usar e cun custe de mantemento moito máis baixo.
A partir de agora, a veciñanza que queira seguir facendo uso do colector marrón poderá recoller a súa chave na carpa da campaña informativa Ti tes a Chave, que o Goberno local instalará nas rúas de Ribeira o martes, día 27, de 10.30 a 13.30h e de 15.30 a 18.30 horas na rúa de Galicia, á altura da farmacia Fernández Sanmamed; e o xoves 29, no mesmo horario na Praza do Concello.
Campaña de información
Do mesmo xeito, as persoas que o prefiran poderán recoller a chave no concello. En vindeiras semanas, informarase de novas datas, localizacións e horario mediante as redes sociais.
En febreiro, o Goberno local vai levar a cabo unha campaña de información porta a porta aos grandes xeradores de residuos orgánicos (sector hostaleiro e comercial). Nunha primeira cita vaise a informar directamente aos responsables dos establecementos da obriga que teñen de separar os residuos orgánicos, e tamén poderán sumarse á campaña. Posteriormente, levaranse a cabo visitas de seguimento e control.
- Santiago empieza a sancionar con hasta 30.000 euros a los dueños de pisos turísticos ilegales
- La ruptura sindical marca la huelga de autobuses en Santiago con el foco en una nueva reunión
- Evacuada la Comisaría de Santiago por un incendio
- Galicia triunfa en Netflix: una serie rodada en la comunidad es la más vista del último año... y no es 'Animal'
- Aplazada la huelga indefinida de autobuses en Santiago, aunque sigue sin haber acuerdo
- Una tienda de Santiago cierra 'hasta que escampe': 'No quiero coger una depresión
- La carrera por el Rectorado de la USC se decidirá entre Crujeiras y Flores
- Tres locales de Santiago donde todavía puedes tomar café desde 1,20 euros