ARTE
Nenos de Ribeira dan vida ao Guernica por un mundo en paz
Convertéronse en protagonistas do cadro e invitan a reflexionar

Os escolares convertéronse en protagonistas da icónica obra de Picasso. / Cedida
Guernica Vivo é o nome dun proxecto artístico e educativo que converteu aos nenos e nenas de 1º da ESO do Colexio Galaxia, de Ribeira, en protagonistas da icónica obra de Pablo Picasso.
Unha iniciativa impulsada polo profesor de Arte e Educación Plástica, Fernando Yáñez, con motivo do Día da Paz para «traballar co alumnado valores de paz, convivencia, dereitos humanos e memoria histórica».

O lazo azul, como símbolo solidariedade, esperanza e resistencia. / Cedida
Tomando como punto de partida o Guernica, o proxecto «propón unha reinterpretación da obra, na que o alumnado encarna os personaxes do cadro, conectando o significado histórico da obra cos conflitos actuais e coa construción dun futuro máis xusto e pacífico. Trátase dunha experiencia artística, emocional e educativa», afirma o docente Fernando Yáñez.
Así, os personaxes desaparecen do cadro orixinal para deixar paso aos propios nenos e nenas. «Cada clase realizou unha versión propica do Guernica Vivo reinterprentando a obra», subliña. A través da creación artística e da reflexión colectiva, o alumnado «encarna unha paz que non é estática, senón viva, consciente e activa», destaca o profesor ribeirense.

Brazos erguidos como símbolo da humanidade ferida. / Cedida
O Guernica Vivo, engade, «invita a mirar o pasado para comprender o presente e a implicarse na construción dunha sociedade máis xusta, empática e comprometida coa paz».
Os alumnos que deron vida ás imaxes son Brian Mariño, Alba Gómez, Andrés Felipe Moreno, Adam Aboukde, Rosselen Anahi Chourio, Paloma Crujeiras, Soulaiman Zaghloul, Cristian José Lugo, Mohamed S’mail Ahmed, Roeya Ennamich, Lola López, Carla Suárez, Tam Tarrío, Lucía Sieira, Fernando Vilamil, Carlota Luaces e César Torrado.
- La CIG mantiene la huelga indefinida en los autobuses de Santiago a partir del miércoles, mientras UGT y CCOO la aplazan
- Un incendio en el centro comercial As Cancelas, en Santiago, obliga a evacuar el edificio: "Se originó en la azotea"
- Patronal y sindicatos vuelven a la negociación para evitar la huelga de buses en Santiago desde el miércoles
- Buscan a un vecino de Carballo que está desaparecido desde el viernes
- Las listas de espera de los talleres de coches en Santiago: 'Ahora mismo estamos desbordados
- Despliegue de la Guardia Civil en Teo por un presunto caso de evasión de impuestos
- Menú de 8 euros y ambiente futbolero: así es el bar de Santiago que triunfa entre los estudiantes
- La rotura de una tubería en el centro de Santiago inunda un garaje y varios comercios: 'Había gran cantidad de agua en la tienda